María Victoria Besada Montenegro, nada en Vigo o 23 de marzo de 1961, é unha científica galega.
Traxectoria Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en 2003 pola Universidade de Vigo coa tese "Estudio y seguimiento del contenido en Cd, Cu, Hg, Pb y Zn en mejillón (Mytilus galloprovincialis) silvestre de las costas del norte y noroeste de España", dirixida por José Antonio Rodríguez Vázquez.María Victoria Besada Montenegro en Dialnet.Resumo
Durante 25 anos desenvolveu o seu labor investigador na área de contaminación mariña e protección ambiental, centrada na avaliación e caracterización de contaminantes químicos en mostras ambientais, fundamentalmente nas costas de Galicia, Cantábrico e golfo de Cádiz. Así mesmo, participou no seguimento do impacto xerado por verteduras mariñas tales como as do Casón, a do desastre de Aznalcóllar, o Mar Exeo ou o Prestige.
Representou a España en diversos comités internacionais e grupos de traballo de contaminación mariña en foros como o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), OSPAR, ou a Unión Europea, e contribuíu na posta en marcha da Directiva Marco de la Estrategia Marina Española.
Desde 2015 a 2020 foi a directora do Centro Oceanográfico de Vigo,IEO. Centro Oceanográfico de Vigo Consultada o 13 de maio de 2020. sendo unha das catro mulleres directoras dos nove Centros Oceanográficos do Instituto Español de Oceanografía.María Victoria Besada Montenegro en Smartvigo. Consultada o 13 de maio de 2020.
Foi a organizadora, directora e relatora do Simposio Internacional de Ciencias Marinas celebrado en Vigo en 2018.
En 2017 recolleu a Medalla de Oro da Cidade outorgada ao Centro Oceanográfico pola Corporación Municipal de Vigo e a Medalla Castelao, o máximo recoñecemento que outorga a Xunta de Galicia ao traballo da sociedade civil.
Publicacións Algunhas das súas publicacións son: 2018 — "Use of whole mussels and mussel gills in metal pollution biomonitoring" (con Paula Sánchez Marín e Ricardo Beiras García-Sabell) Ciencias marinas 44 (4): 279-294.Texto completo 2017 —"La contaminación en la ría de Vigo" (con Juan Domingo Bellas Bereijo, Lucía Elisa Viñas Diéguez, María Ángeles Franco Hernández, María Inmaculada Alves Garana, Jessica Bargiela Barros, Bruno Cambeiro Cambeiro, María López Rodríguez, Begoña Pérez, Diego Rial Conde, Fernando Schultze, José Antonio Soriano Sanz e Leticia Vidal Liñán) Glaucopis: Boletín do Instituto de Estudos Vigueses 22: 299-312. 2012 — "Descriptores 8 y 9: contaminación y sus efectos. Contaminantes en productos de la pesca" (con Víctor M. León, Lucía Elisa Viñas Diéguez e José Benedicto). Industrias Pesqueras: revista marítima quincenal 2052: 14-17. 2008 — "Contaminación" (con Juan José González, Cristina Álvarez, Ricardo Beiras García-Sabell, José Fumega, María Ángeles Franco Hernández, Mariano Gómez, Amelia González Quijano, Teresa Nunes, Ricardo Prego Reboredo, José Antonio Soriano Sanz e Lucía Elisa Viñas Diéguez. En: Alberto González-Garcés Santiso (dir.) La Ría de Vigo: una aproximación integral al ecosistema marino de la Ría de Vigo. ISBN 978-84-8959-934-5, páxs. 201-256. 2006 — "Concentraciones de mercurio, cadmio, plomo, arsénico, cobre y zinc en atún blanco, rabil y patudo procedentes del Océano Atlántico" (con J. J. González, e F. Schultze). Ciencias marinas 32 (2): 439-445.Resumo 1997 — "Variación anual de las concentraciones de Hg, Pb, Cd, Cu y Zn en mejillón silvestre de la ría de Vigo" (con J. Fumega e Bruno Cambeiro Cambeiro). En: Procesos biogeoquímicos en sistemas costeros hispanolusos. VIII Seminario Ibérico de Química Marina (Vigo). ISBN 84-8969-027-8, páxs. 95-98. 1977 — "Distribución de metales pesados en sedimentos superficiales de la ría de Vigo" (con Lucia Elisa Viñas Diéguez e Fernando Schultze). En: Procesos biogeoquímicos en sistemas costeros hispanolusos. VIII Seminario Ibérico de Química Marina. (Vigo). ISBN 84-8969-027-8, páxs. 79-84. 1994 — "Control de calidad en los estudios de contaminantes en el programa de "Monitoring" del medio marino del Instituto Español de Oceanografía. Ejemplo de los análisis de red de seguimiento de mejillón" (con J. Guerrero, Fernando Schultze e César Rodríguez Mielgo). VII Seminario de Química Marina (Cádiz), páxs. 271-278.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Oceanógrafos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo