A tempada 1992 foi a 14ª edición do Campionato de Galicia de Rally. O vencedor foi o cabanés Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra Cosworth. Foi o segundo dos seis títulos que gañou, todos con Estrella Castrillón como copiloto.
Calendario NºDataRallyNotas128 de marzo1º Rally do AlbariñoResultados226 de abril9º Rally de NoiaResultados313-14 de maio26º Rally do LacónResultados-23-24 de maio7º Rally BotafumeiroSuspendido45 de xuño23º Rally de FerrolResultados59 de agosto28º Rally Rías BaixasResultados65 de setembro10º Rally da CoruñaResultados-26-27 de setembro5º Rally de VigoSuspendido716-18 de outubro25º Rally de OurenseResultados814 de novembro3º Rally Mil VistasResultados A Escudería Compostela viuse obrigada a cancelar o Rally Botafumeiro, previsto para maio, por falta de financiamento. Tamén se suspendeu o Rally de Vigo, previsto para setembro.
Resumo O campionato foi un man a man entre o Ford Sierra Cosworth de Germán Castrillón e o Peugeot 309 GTI 16v de Manuel Senra, pero un par de abandonos de Senra en Noia e na Coruña e a súa ausencia na penúltima proba, Ourense, déronlle o campionato a Castrillón na proba ourensá, a pesar de que non conseguiu rematar a carreira. Con todo, á última proba do ano, o Rally Mil Vistas de Muros, chegaron con opcións de arrebatarlle o subcampionato a Senra outros catro pilotos: Sergio Vallejo, Javier Piñeiro, Javier Paz e José María Banga. Pero ningún deles puido con Senra, que logrou comodamente a súa terceira vitoria da tempada e o segundo posto final na xeral.
Clasificación PosPiloto CopilotoVehículo1ALB2NOI3LAC4FER5RBX6COR7OUR8RMV1 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra Cosworth212111Ret2 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTI 16v1Ret12Ret1 Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 205 GTI24 Javier Piñeiro Carlos CascallarLancia Delta Integrale4424Ret Javier Paz Manuel GarcíaCitroën AX SportRet33102 José María Banga Modesto GonzálezCitroën AX Sport355 José María Magdaleno Mario LabrañaLancia Delta Intégrale35Ret Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën AX Sport3Ret Juan Carlos Táboas Manuel GilsanzCitroën AX SportRet553 Javier Azcona Gonzalo ChaureRenault Clio 16v68 Jesús Campos Faustino SuárezRenault Clio 16v66Ret Roberto Blach Juan GómezPeugeot 309 GTI 8v3 Ricardo VidalPeugeot 309 GTIRetRet Miguel DopicoPeugeot 309 GTIRet
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web da FGA