José Moreno Hernández, nado en French Camp (California), o 7 de agosto de 1962, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-128.
Traxectoria Hernández graduouse en enxeñería eléctrica pola Universidade do Pacífico en 1984 e é máster en enxeñería eléctrica e de ordenadores pola Universidade de California-Santa Barbara en 1986.
Foi seleccionado pola NASA en maio de 2004. Participou na misión STS-128, pasando un total de 13,87 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-128
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en California