Lloyd Blaine Hammond Jr., nado en Savannah (Xeorxia), o 16 de xaneiro de 1952, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-39 e STS-64.
Traxectoria Hammond graduouse en enxeñería e mecánica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1973 e é máster en enxeñería polo Instituto Tecnolóxico de Xeorxia en 1974.
Foi seleccionado pola NASA en maio de 1984. Participou nas misións STS-39 e STS-64 e pasou un total de 19,26 días no espazo. Deixou a axencia en 1998.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-39 STS-64
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Xeorxia, Estados Unidos de América