Terry Jonathan "T.J." Hart, nado en Pittsburgh (Pensilvania), o 27 de outubro de 1946, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-41-C.
Traxectoria Hart graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade Lehigh en 1968 e ten un máster polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1969, un máster en enxeñería eléctrica pola Universidade Rutgers en 1978 e un doutoramento honorario en enxeñería pola Universidade Lehigh en 1988.
Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1978. Participou na misión STS-41-C e pasou un total de 6,99 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-41-C
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania