Gregory Jordan Harbaugh, nado en Cleveland (Ohio), o 15 de abril de 1956, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-39, STS-71, STS-82 e STS-54.

Traxectoria Harbaugh graduouse en enxeñería aeronáutica e astronáutica pola Universidade Purdue en 1978 e é máster en física pola Universidade de Houston-Clear Lake en 1986.

Foi seleccionado pola NASA en xuño de 1987. Participou nas misións STS-39, STS-71, STS-82 e STS-54 e pasou un total de 34,08 días no espazo. Deixou a axencia en marzo de 2001.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-39 STS-71 STS-82 STS-54

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Ohio