Ce qu'il faut pour vivre é un filme canadense de 2008 dirixido por Benoît Pilon e protagonizado por Natar Ungalaaq, Éveline Gélinas e Paul-André Brasseur. Foi rodado en francés e inuktitut, e conta a historia dun home inuit que é enviado a Quebec para tratar a súa tuberculose.

O filme foi rodado en Iqaluit, Nunavut e na Cidade do Quebec. Recibiu valoracións positivas e gañou catro premios Genie, incluíndo mellor dirección para Pilon, e o Gran Premio Especial do Festival Internacional de Cinema de Montreal. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de xaneiro, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Natar Ungalaaq como Tiivii Éveline Gélinas como Carole Paul-André Brasseur como Kaki Denis Bernard como Padre Millaire Louise Marleau como Irmá Luce Antoine Bertrand como Roger Guy Thauvette como Dr. Montpetit Luc Proulx Vincent-Guillaume Otis como Joseph

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inuktitut Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes rodados no Quebec Categoría:Filmes rodados en Nunavut Categoría:Filmes ambientados nos Territorios do Noroeste