Georgi/Gjorji Nikolov Delchev (en búlgaro/macedonio: Георги/Ѓорѓи Николов Делчев), nado en Kukush o 4 de febreiro de 1872 e finado en Banica o 4 de maio de 1903, e máis coñecido como Goce/Gotse Delchev (Гоце Делчев, na súa época segundo os usos da antiga ortografía búlgara Гоце Дѣлчевъ), foi un revolucionario (komitadji) nas entón rexións otomás de Macedonia e Tracia por volta do século XXKeith Brown (2018) The Past in Question: Modern Macedonia and the Uncertainties of Nation, Princeton University Press, p. 174.Hugh Seton-Watson, Christopher Seton-Watson (1981) The Making of a New Europe: R.W. Seton-Watson and the Last Years of Austria-Hungary. Methuen, p. 71.Dimitar Bechev (2009) Historical Dictionary of the Republic of Macedonia, Scarecrow Press, 2009, p. VII.. Considerado un heroe nacional en Macedonia do Norte e mais en Bulgaria, foi o principal líder do que a historiografía contemporánea denomina Organización Revolucionaria Interior de Macedonia (ORIM), unha organización paramilitar activa en territorios otománs dos Balcáns no remate do século XIX e primeiros anos do XX. Delchev foi o seu representante en Sofía, a capital do principado de BulgariaAngelos Chotzidis, Anna Panagiōtopoulou, Vasilis Gounaris (1993) The events of 1903 in Macedonia as presented in European diplomatic correspondence. Volume 3 of Museum of the Macedonian Struggle, p. 60..
Traxectoria Delchev naceu no seo da maioritaria comunidade macedonia búlgaraAta o século XX tendíase a identificar etnicamente os macedonios como búlgaros ao non existir unha conciencia nacional propia macedonia e estar considerados os macedonios como búlgaros polos otománs e, xa que logo, integrados no ensino en lingua búlgara. Así e todo, si había diferenzas no seo da lingua vernacular dos macedonios e búlgaros, distinguíndose claramente unha variedade oriental e outra occidental, e foi a adopción da variedade oriental como a norma oficial da lingua búlgara ao longo do século XIX unha das causas que levou á creación dun estándar propio macedonio: de Kukush, unha localidade do valiato de Salónica do Imperio OtománA localidade forma parte de Grecia dende 1913, expulsándose á súa poboación eslava na súa case totalidade a Bulgaria: que era o centro dos uniatas da rexión, tras a conversión da práctica totalidade dos seus habitantes eslavos ao catolicismo en 1859. Seu pai, Nikola Delchev (1844-1920), era un comerciante local e súa nai, Sultana Delcheva (ca. 1850-1907), procedía dunha aldea próxima; a parella tivo cinco fillas e catro fillos. Goce Delchev foi á escola primaria uniata de Kukush pero, símbolo da volta da maioría dos conversos católicos á ortodoxia, logo continuou na escola local ortodoxaCoa creación do ortodoxo Exarcado Búlgaro en 1872, progresivamente, a maioría dos conversos volveu ao seo da ortodoxia e en 1905 quedaban na localidade 592 uniatas fronte a 9 712 fieis do exarcado: . Asiduo á chitalishte (centro cultural búlgaro) local, en especial deixáronlle forte pegada os libros revolucionarios, particularmente os que falaban da liberación de Bulgaria.
En 1888 a súa familia enviouno ao Instituto Masculino Búlgado de Tesalónica, e alí entrou no círculo revolucionario secreto que dirixía Boris Sarafov e tras marcha deste a Sofía converteuse no seu líderBrooks, Julian Allan (2005) "'Shoot the Teacher!' Education and the Roots of the Macedonian Struggle". Thesis (M.A.) – Department of History – Simon Fraser University, pp. 133–134., Delchev tamén distribuía literatura revolucionaria, que lograba de antigos alumnos do instituto que estudaban en Bulgaria. En 1891, seguindo os pasos de Sarafov, entrou na escola militar de Sofía. Ao primeiro, atopou a nova Bulgaria independente chea de idealismo e dedicación pero aos poucos quedou desencantado pola comercializada vida social e pola política autoritaria do primeiro ministro Stefan StambolovDuncan M. Perry, Stefan Stambolov and the Emergence of Modern Bulgaria, 1870-1895, Duke University Press, 1993, , p. 120..
Goce adoitaba xuntarse con compañeiros macedonios, moitos membros da Sociedade Literaria Macedonia Nova, entre os seus amigos estaba Vasil Glavinov, dirixente do círculo socialdemócrata da rexión otomá de Adrianople, quen o puxo en contacto con xente que lle ofreceu a oportunidade de coñecer novas formas de loita social. En xuño de 1892, Delchev e o xornalista Kosta Shahov, un dos dirixentes da Sociedade Literaria Macedonia Nova, reuníronse cun libreiro de Salónica orixinario de Kukush, Ivan Hadzhinikolov. En setembro de 1894, só un mes antes da súa graduación, a dirección da escola militar expulsouno pola súa actividade política como membro dun círculo socialista ilegalMacDermott, Mercia (1988) For Freedom and Perfection: the Life of Yané Sandansky. Journeyman Press, p. 44. Déronlle a posibilidade de entrar no exército por medio dunha comisión pero rexeitou e pouco despois volveu a Rumelia para traballar como profesor, integrándose na escola do exarcado en Štip en outono de 1894, e baixo a influencia de Dame Gruev, profesor nese momento na mesma escola e un dos fundadores o ano anterior da Organización Revolucionaria MacedoniaNingún dos nomes da Organización Revolucionaria Interior de Macedonia con anterioridade a 1905 figuran en ningún documento oficial da organización e, como organización ilegal o nome mudaba con frecuencia. , Goce entrou na organización e canda Gruev liderou o núcleo local. Tras a marcha de Gruev a Salónica como inspector do ensino búlgaro a organización viviu unha importante expansión e Delchev, baixo a dirección de Gruev, viaxou ao longo de Macedonia para establecer comités locais. Tamén visitou, ilegalmente, Sofía para establecer contanco con algúns dos máximos dirixentes doutra organización revolucionaria, o Comité Supremo Macedonio-Adrianopolita (CSMA), como Danail Nikolaev, Yosif Kovachev, Toma Karayovov ou Andrey Lyapchev pero quedou decepcionado coas súas posicións. O curso escolar 1895/1896 deu clases na vila de Bansko e en maio de 1896 as autoridades otomás arrestárono por actividades revolucionarias e pasou un mes na cadea. No verán de 1896 partipou no congreso da organización en Salónica e no outono decidiu deixar de dar clases e marchou a Sofía e, con Gjorche Petrov, serviu como representante da organización na capital búlgaraПейо Яворов (1970) "Събрани съчинения", Том втори, "Гоце Делчев", Издателство "Български писател", София, 1977, p. 30. . miniatura|Delchev (á dereita) con Gjorche Petrov (á esquerda) Actividade revolucionaria miniatura|Delchev con Chuchkov e Shapkarev nunha xuntanza en 1903 miniatura|Delchev cunha das chetas en febreiro de 1903 miniatura|Postal búlgara cos retratos de Goce e Gruev En 1897 con Gyorche Petrov escribiu os estatutos da organización, agora coñecida informalmente como Comités Revolucionarios Búlgaros Macedonio-Andrinopolitanos (CRBMA), dividía a súa estrutura en sete rexións, cada unha coa súa propia estrutura rexional e grupos que actuaban como policía secreta ao xeito da Organización Revolucionaria Interna búlgara, por baixo dos comités rexionais estaban os distritos. O comité central tiña a súa sede en Salónica The Central committee was placed in Thessaloniki. En 1898 Delchev decidiu crear grupos armados que actuasen de xeito permanente, (chetas), en cada distrito e dende 1902 ata a súa morte foi o líder destas chetasVladimir Ortakovski. Minorities in the Balkans Transnational Publishers, 2000, , p. 43., e asegurou a súa funcionalidade cunha rede de túneles e depósitos de armas ao longo da fornteira entre o Principado de Bulgaria e o Imperio Otomán. Delchev pretendía unha produción propia de armamento, e viaxou en 1897 a Odesa para se reunir cos revolucionarios armenios Stepan Zorian e Christapor Mikaelian para intercambiar experiencias e especialmente métodos para a fabricación de bombasKeith Brown (2013) Loyal Unto Death: Trust and Terror in Revolutionary Macedonia Indiana University Press, p. 62.] o resultado foi o establecemento dunha planta de fabricación de bombas na aldea de Sabler preto de Kyustendil en Bulgaria para levar de contrabando a Macedonia Пейо Яворов, "Събрани съчинения", Том втори, "Гоце Делчев", Издателство "Български писател", София, 1977, pp. 32–33.. Delchev foi tamén o primeiro en organizar e dirixir un grupo que actuase en Macedonia co propósito de roubarlles ou secuestrar a otománs adiñeirados. As dificultades para efectuar os seus propósitos no interior de Macedonia amosan a febleza da organización neses primeiros anosLaura Beth Sherman (1980) Fires on the Mountain: the Macedonian Revolutionary Movement and the Kidnapping of Ellen Stone. East European Monographs, p. 15.. Delchev fixo dúas cortes visitas a Tracia en 1896 e 1898.Georgi Vasilev. Prinosi kam istoriyata na Makedono-odrinskoto revolyutsionno dvizhenie. Vol IV, p. 8, 9. e no inverno de 1900 residiu en Burgas, e alí organizou outro establecemento dedicado á produción de bombasИван Карайотов, Стоян Райчевски, Митко Иванов (2011) История на Бургас. От древността до средата на ХХ век, Печат Тафпринт ООД, Пловдив, pp. 192–193. e en 1900 realizou inspeccións ás forzas da organización na Tracia oriental e de novo avogou por unha mellor coordinación entre os comités revolucionarios de Macedonia e Tracia. Entre o outono de 1901 ata a primavera do ano seguinte visitou moitos núcleos locais en Macedonia e presidiu o congreso do distrito de Adrianople que se realizou en Plovdiv en abril de 1902. A inclusión das zonas rurais nos distritos da organización contribuíu á súa expansión e ao aumento da militancia e, xa que logo, da capacidade militar das chetas dirixidas por Delchev, o que coincidiu co aumento a partir de 1897 das irmandades secretas de oficiais, que en 1900 tiñan arredor dun milleiro de membrosEric H. Boehm (1997) Modern history abstracts, 1450–1914, Volume 48, Issue 1–, American Bibliographical Center. ABC-Clio, p. 657., moitos deles comprometidos coa actividade da CRBMA.