L'Âge des ténèbres é un filme franco-canadense de 2007 escrito e dirixido por Denys Arcand e protagonizado por Marc Labrèche, Diane Kruger e Sylvie Léonard. É a terceira parte da triloxía de Arcand formada por Le Déclin de l'empire américain (1986) e Les Invasions barbares (2003), e que foi continuado cun cuarto filme de temática semellante, La Chute de l'empire américain (2018). O filme conta a historia dun burócrata quebequés que se sente insignificante e que se refuxia nun mundo de fantasía.
Foi estreado fóra de competición no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2007. Foi nomeado a catro Premios Genie, incluíndo o de mellor filme. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos premios, conseguindo clasificarse na lista curta de xaneiro, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Marc Labrèche como Jean-Marc Leblanc Diane Kruger como Veronica Star Sylvie Léonard como Sylvie Cormier-Leblanc Caroline Néron como Carole Bigras-Bourque Véronique Cloutier como Line Rufus Wainwright como le prince charmant chantant Macha Grenon como Béatrice de Savoie Emma de Caunes como Karine Tendance Didier Lucien como William Chérubin Rosalie Julien como Laurence Métivier Monia Chokri como Aziza
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Denys Arcand Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Montreal