O Rally do Lacón de 1993 foi a 27ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 16 de maio de 1993 e o vencedor foi, por segundo ano consecutivo, Manuel Senra, sobre o seu Peugeot 309 GTI 16v.
Resumo Dos 45 pilotos inscritos, 37 tomaron a saída. Pouco despois do inicio, na primeira pasada polo treito da Saleta, Manuel Senra perdeu o control do seu Peugeot 309 e o local Javier Paz colocouse líder con seis segundos de vantaxe, que aumentou a 22 na segunda pasada polo mesmo lugar. A continuación Arturo Rial foi o máis rápido nas dúas pasadas por Reádegos, mentres que Senra marcou os mellores tempos en Parada de Labiote. A sesión matinal rematou con Paz como líder provisional, con 10 segundos sobre Rial e 26 sobre Senra. Con todo, na sesión vespertina comezou a chover, e Paz, que levaba pneumáticos lisos, viuse superado por Senra e Rial, que montaban rodas de choiva. Rial mantivo a primeira posición ata que sufriu unha saída de pista no treito Beade-Pena Corneira, que deixou a vitoria en mans de Manolo Senra. Na parte final do rally deixou de chover e Paz volveu recortar diferenzas con Rial ata arrebatarlle a segunda posición en Cabanelas, e quedar a só catro segundos de Senra.
Clasificación PosPilotoCopilotoAutomóbilTempo/diferenza1 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTI 16v1h01'57''2 Javier Paz Manuel GarcíaFord Sierra Coswortha 4''3 Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën AX Sporta 2'51''4 Manuel Varela Herminio GonzálezFord Escort Coswortha 2'57''5 Juan Carlos Táboas Luis Fernández GonzálezCitroën AX Sporta 3'11''6 Javier AzconaAyalaRenault Clio 16Va 3'11''7 Luis Alberto González Villarías Fernando González VillaríasRenault Clio 16Va 3'27''8 Jorge Pérez Luis PérezRenault Clio Williamsa 4'22''9 Jesús Campos Faustino Suáreza 5'09''10 Germán LinaresLareya 5'56''11Santos VázquezRíos Bucetaa 6'02''12 Vicente Posada Sergio Freirea 6'22''
Notas
Categoría:Rally do Lacón Categoría:Tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally