Antonio Rodríguez Zapata, nado en Huesca a finais da primeira década do século XX, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Eumenio Rodríguez Rodríguez, que era catedrático de lingua francesa no Instituto de Huesca. Instalouse na Coruña coa familia en 1913. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo a licenciatura en 1932.El Pueblo Gallego, 28-1-1932, p. 9. Colaborou en La Voz de Galicia,"El romanticismo en la novela", La Voz de Galicia, 29-7-1928, p. 5."Necesidad legal de la anulación del Código de la Dictadura", La Voz de Galicia, 21-3-1931, p. 2. publicou a novela curta Un drama en la ciudad sonrisa, dedicada a Plácido Peña Novo, e foi director literario da revista Alma co pseudónimo Antonio Derody. Na República exerceu como avogado na Coruña e impartiu conferencias no Casino Republicano da cidade.La Voz de Galicia, 2-4-1933, p. 5.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión e o seu caso foi sobresido. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 22-10-1941, p. 3852.El Compostelano, 28-6-1941, p. 4. En setembro de 1939 obtiveron el e a súa muller en Barcelona sendos salvocondutos para viaxar ao estranxeiro.La Vanguardia, 19-9-1939, p. 8. Emigrou a Uruguai nos anos corenta. Nos anos cincuenta publicou en España novelas e teatro co pseudónimo Antonio de Huesca.
Obras Un drama en la ciudad sonrisa, 1929. El trono de fieltro gris, 1954. Los acabados, 1958. Gibraltar (drama en cuatro actos), 1958. Hechicera Babilonia (Argumento cinematográfico), 1980.
Vida persoal Casou na Coruña con Asunción Pérez-Cabello García o 29 de xuño de 1935,La Voz de Galicia, 30-6-1935, p. 2. e foi pai do maxistrado Jorge Rodríguez-Zapata Pérez.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Huesca Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido
Categoría:Finados en ano descoñecido