Alexander Gerst, nado en Kuenzelsau o 3 de maio de 1976, é un astronauta alemán que formou parte das misións Soiuz TMA-13M e Soiuz MS-09 e foi membro das expedicións 40, 41, 56 e 57 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Gerst graduouse en xeofísica pola Universidade de Karlsruhe en 2003 e é máster en ciencias da Terra pola Universidade Victoria en Wellington (Nova Zelandia).

Foi seleccionado como astronauta pola ESA en maio de 2009. Participou nas misións Soiuz TMA-13M e Soiuz MS-09 e foi membro das expedicións 40, 41, 56 57 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 362,08 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-13M Soiuz MS-09 Expedición 40 Expedición 41 Expedición 56 Expedición 57

Categoría:Astronautas de Alemaña Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Baden-Württemberg‎