F is for Family é unha serie de televisión estadounidense-canadense de comedia creada por Bill Burr e Michael Price para Netflix. A serie foi producido por Gaumont International Television e o estudio de Vince Vaughn, Wild West Television. Conta a historia dunha familia suburbana disfuncional irlandesamericana, e está ambientada a mediados da década de 1970. A serie estreouse o 18 de decembro de 2015, en xeral con valoracións positivas. A tempada 2 estreouse o 30 de maio de 2017. O 28 de xuño de 2017, a serie foi renovada para unha terceira tempada. O 1 de xullo de 2018, Burr confirmou a tempada tres. O 30 de novembro de 2018 estreouse a terceira tempada. O 24 de xaneiro de 2019, a serie foi renovada para unha cuarta tempada, que está prevista para a súa estrea no ano 2020.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión do Canadá