Ruth Guimarães Botelho, nada en Fervenza Paulista o 13 de xuño de 1920 e finada no mesmo lugar o 21 de maio de 2014 foi unha poetisa, cronista, novelista, contista e tradutora brasileira.
Foi a primeira escritora brasileira negra que conseguiu proxectarse nacionalmente desde o lanzamento do seu primeiro libro, a novela Água Funda, en 1946, que narra o mundo caipira do sul de Minas e Vale do Paraíba, permeado polo medo e polo pensamento máxico.
Con dez anos de idade, publicou os seus primeiros poemas en xornais da terra natal. Con 18 anos mudouse para a cidade de São Paulo, onde se licenciou en Filosofía pola USP e máis tarde, de Letras Clásicas. Cursou tamén Folclore e Estética. Foi profesora de Lingua Portuguesa durante máis de 30 anos en escolas públicas de S. Paulo.
Profissionalizouse como xornalista e colaborou asiduamente na prensa paulista e carioca, alén da sección permanente que mantivo durante varios anos na Revista do Globo, de Porto Alegre. Escribiu crónicas para grandes xornais como Folha de S. Paulo e O Estado de S. Paulo. Tiña unha columna semanal de crónicas no xornal Valeparaibano, de São José dos Campos. Ruth Guimarães foi electa o día 5 de xuño de 2008 para ocupar a cadeira número 22 da Academia Paulista de Letras. En 1972 Ruth Guimarães fundou e presidiu en Cachoeira Paulista a Academia Cachoeirense de Letras (actual Academia Cachoeirense de Letras e Artes, ACLA), primeira academia de letras da rexión valeparaibana. Era madriña da Academia de Letras de Lorena, dando posesión aos membros en 16 de agosto de 2009.
Bibliografía parcial
Água Funda. Porto Alegre, Ed.da Livraria do Globo, 1946 Os Filhos do Medo. Porto Alegre, Editora Globo, 1950 Mulheres Célebres. São Paulo, Editora Cultrix, 1960 As Mães na Lenda e na História. São Paulo, Editora Cultrix,1960 Líderes Religiosos. São Paulo, Editora Cultrix, 1961 Lendas e Fábulas do Brasil. São Paulo, Editora Cultrix, 1972 Dicionário de Mitologia Grega. São Paulo, Editora Cultrix, 1972 O Mundo Caboclo de Valdomiro Silveira. Río de Xaneiro, Livraria José Olympio Editora/Secretaria de Cultura, Esportes e Turismo do Estado de São Paulo/Instituto Nacional do Livro,1974 Grandes Enigmas da História. São Paulo, Editora Cultrix,1975 Medicina Mágica: as simpatias. São Paulo, Global Editora,1986 Lendas e Fábulas do Brasil. São Paulo, Círculo do Livro,1989 Crônicas Valeparaibanas. São Paulo, Centro Educacional Objetivo/Fundação Nacional do Tropeirismo,1992 Contos de Cidadezinha. Lorena,Centro Cultural “Teresa D’Ávila”, 1996 Calidoscópio – A Saga de Pedro Malazarte. São José dos Campos, JAC Editora, 2006. Histórias de Onça. São Bernardo do Campo, Usina de Idéias Editora, 2008. Volume I do Projeto Macunaíma. Histórias de Jabuti. São Bernardo do Campos: Usina de Idéias Editora, 2008. Volume II do Projeto Macunaíma. Colaboraión na revista luso-brasileira Atlântico.
Traducións
O asno de ouro. Introdución e tradución directa do latín. São Paulo, Cultrix, 1963. Histórias Fascinantes, de Honoré de Balzac: selección, tradución e prefacio – São Paulo, Editora Cultrix, 1960 Os Mais Brilhantes Contos de Dostoievski, de Fiodor Dostoievski. Introdución, selección e tradución. Río de Xaneiro, Edições de Ouro, 1966 Contos de Dostoievski. Introdución, selección e tradución.. São Paulo, Editora Cultrix, 1985 Contos de Alphonse Daudet. Introdución, prefacioe tradución.: Ruth Guimarães e Rolando Roque da Silva. São Paulo, Editora Cultrix, 1986 Contos de Balzac. Prefacio, selección e tradución.. São Paulo, Editora Cultrix,1986; Os Melhores Contos de Alphonse Daudet. Selección e prefacio: Ruth Guimarães e Rolando Roque da Silva. São Paulo, Círculo do Livro,1987 Os Melhores Contos de F. Dostoievski. Introdución, selección e tradución.. São Paulo, Círculo do Livro, 1987 Os Melhores Contos de Balzac. Introdución, selección e tradución. São Paulo, Círculo do Livro, 1988 Buda e Jesus, diálogos. Tradución: Ruth Guimarães e Joaquim Maria. São Paulo: Cultrix, 1989. Notas
Categoría:Tradutores do Brasil Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en 1920 Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Escritores en lingua portuguesa