Michael Landon Gernhardt, nado en Mansfield (Ohio) o 4 de maio de 1956, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-69, STS-83, STS-104 e STS-94.

Traxectoria Gernhardt graduouse en física pola Universidade Vanderbilt en 1978 e é máster en ciencias e doutor en bioenxeñería pola Universidade de Pensilvania en 1983 e 1991 respectivamente.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en marzo de 1992. Participou nas misións STS-69, STS-83, STS-104 e STS-94, pasando un total de 43,29 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-69 STS-83 STS-104 STS-94

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Ohio