Automotive SPICE é un esquema de avaliación de software que se emprega como estándar internacional deseñado para medir a calidade da produción dunha ECU, software embebido, na industria da automoción.

Neste conglomerado de empresas da automoción os fabricantes orixinais de pezas (OEM) (en contraste aos fabricantes de aftermarket con tecnoloxía que pode ser adherida posteriormente trala compra do vehículo) e os seus provedores empregan Automotive SPICE como un marco de traballo para xestionar a calidade do seu produto e asegurar o seu éxito no proceso de validación e homologación. O dono legal da marca "Automotive SPICE" é o Centro para a Calidade da Asociación Alemá para a Industria da Automoción (QMC, Qualitäts Management Center im Verband der Automobilindustrie e.V.).

Ao xeito de calquera outro proceso de maduración dun cógico de software, Automotive SPICE consiste nuns procesos de referencia para a modelaxe (PRM) e duns procesos para a avaliación do modelo (PAM) aplicados ás necesidades da electrónica embebida nos automóbiles.

Contexto En 2001 un grupo formado por AUDI, Daimler, Fiat, Ford, Jaguar, BMW, Land Rover, Porsche, Volkswagen e Volvo, creou un esquema de avaliación específico para procesos software no contexto da automoción. A este modelo de avaliación e mellora, baseado na ISO 15504 e na ISO 12207, foille asignado o emblema identificativo de Automotive SPICE. Automotive SPICE é recoñecido actualmente como un estándar de facto no sector da automoción, empregándose para a avaliación dos provedores de software nesta especialización industrial. Pero este supraconxunto de estándares tamén envolve aos clientes, xa que o Automotive SPICE define un grupo de procesos, denominado ACQ (Acquisition Process Group) para aqueles clientes que externalizasen a produción de software, esixíndolles capacidade de análise, rigurosidade documental ou definición de requisitos. Os procesos guían o traballo entre provedor e cliente, pautando diferentes tempos de traballo dependendo da madurez do proxecto e limita a implantación de todos os seus capítulos segundo o tamaño que teña a empresa implicada na construción do cógigo. Ao recoller todas as normativas en canto a calidade e seguridade do software definidas nas ISO 15504 e ISO 12207, o esquema de traballo utilizado é moi similar ao normalmente aplicado ao software industrial. A principal diferenza é a avaliación que fai este estándar en base á capacidade de traballo (e non a madurez do código) e que fixa un subconxunto específico de procesos da ISO 12207 xerarquizados en base a este parámetro. "Automotive SPICE"

Partes do Automotive SPICE O estándar consiste en trinta e un procesos:

SPL.1 Supplier tendering SPL.2 Product release ENG.1 Requirements elicitation ENG.2 System requirements analysis ENG.3 System architecture design ENG.4 Software requirements analysis ENG.5 Software design ENG.6 Software construction ENG.7 Software integration test ENG.8 Software testing ENG.9 System integration test ENG.10 System testing SUP.1 Quality assurance SUP.2 Verification SUP.3 Joint review SUP.7 Documentation SUP.8 Configuration management SUP.9 Problem resolution management SUP.10 Change request management MAN.3 Project management MAN.5 Risk management MAN.6 Measurement PIM.3 Process improvement REU.2 Reuse program management ACQ.3 Contract agreement ACQ.4 Supplier monitoring ACQ.11 Technical requirements ACQ.12 Legal and administrative requirements ACQ.13 Project requirements ACQ.14 Request for proposals ACQ.15 Supplier qualification

Procesos para a avaliación do modelo (PAM) Automotive SPICE define un glosario de termos, definicións e abreviacións para a súa aplicación durante todo o corpo do estándar e a súa natural extensión de uso na industria, homoxeneizando o léxico. "Automotive SPICE" TermoDefinición 1- NNot achieved. Hai pouca ou ningunha evidencia de que se acadasen os atributos do proceso necesarios para definir a avaliación do software. 2- PPartially achieved. Hai algunha evidencia de que se acadasen os atributos do proceso necesarios para definir a avaliación do software. Indícase que os resultados poden ser imprendecíbeis. 3- LLargely achieved. Hai unha evidencia sistemática de que se acadasen os atributos do proceso necesarios para definir a avaliación do software. Indícase que poden chegar a presentarse feblezas deste sistema durante a produción do software. 4- FFully achieved. Hai unha completa evidencia sistemática de que se acadasen os atributos do proceso necesarios para definir a avaliación do software. Non se detectan feblezas na definición do proceso como resultado de aplicar este estándar no proceso de avaliación.

Véxase tamén Outros artigos ISO Norma de calidade Lista de normas ISO

Notas

Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Tecnoloxías do automóbil Categoría:Normas ISO