Anna Laetitia Barbauld, nome de solteira, Anna Laetitia Aikin, nada en Leicestershire, Inglaterra, o 20 de xuño de 1743 e finada en Stoke Newington, Inglaterra, o 9 de marzo de 1825, foi unha poetisa, ensaísta e escritora de libros para nenos de nacionalidade inglesa.

Barbauld foi unha «muller de letras» especializada en múltiples xéneros e tivo unha carreira exitosa. Foi tamén mestra na soada Academia Palgrave e unha innovadora escritora de libros para nenos; os seus famosos libros proporcionaron un modelo pedagóxico durante máis dun século.McCarthy, William. «Mother of All Discourses: Anna Barbauld’s Lessons for Children». Culturing the Child, 1690–1914: Essays in Memory of Mitzi Myers. Ed. Donelle Ruwe. Lanham, MD: The Children’s Literature Association and the Scarecrow Press, Inc. (2005). Os seus ensaios demostraron que era posible para unha muller estar involucrada publicamente coa política, e outras autoras imitárona; o que é mesmo máis importante, as súas poesías axudaron á cimentación do desenvolvemento do Romanticismo en Inglaterra.Armstrong, Isobel. «The Gush of the Feminine: How Can we Read Women's Poetry of the Romantic Period?» Romantic Women Writers: Voices and Countervoices. Eds. Paula R. Feldman e Theresa M. Kelley. Hanover: University Press of New England (1995) e Anne K. Mellor. «A Criticism of Their Own: Romantic Women Literary Critics». Questioning Romanticism. Ed. John Beer. Baltimore: Johns Hopkins Univ. Press (1995).Janowitz, Anne. «Women Romantic Poets: Anna Barbauld and Mary Robinson». Tavistock: Northcote House (2003). Barbauld tamén foi crítica literaria, e a súa antoloxía das novelas británicas do século XVIII axudou a establecer o canon como é coñecido actualmente.

A carreira literaria de Barbauld finalizou abruptamente en 1812 coa publicación do seu poema Eighteen Hundred and Eleven, o cal criticou a participación de Gran Bretaña nas Guerras Napoleónicas. As duras críticas que recibiu sorprendérona a tal punto que decidiu non volver publicar ningunha das súas obras durante o resto da súa vida.Barbauld, Anna Laetitia. «Anna Laetitia Barbauld: Selected Poetry and Prose». Eds. William McCarthy e Elizabeth Kraft. Peterborough: Broadview Press Ltd. (2002), 160. A súa reputación viuse aínda máis prexudicada cando varios dos poetas do Romanticismo que ela inspirara no apoxeo da Revolución francesa volvéronse na súa contra nos anos posteriores, a medida que foron volvéndose máis conservadores. Durante o século XIX só era lembrada como unha escritora puntillosa de libros para nenos, e foi esquecida no século XX, ata que o auxe da crítica literaria feminista durante a década de 1980 renovou o interese nas súas obras e produciu unha revalorización das mesmas.McCarthy, William. «A ‘High-Minded Christian Lady’: The Posthumous Reception of Anna Letitia Barbauld.» Romanticism and Women Poets: Opening the Doors of Reception. Eds. Harriet Kramer Linkin e Stephen C. Behrendt. Lexington: University Press of Kentucky, (1999).

Primeiros anos Barbauld naceu o 20 de xuño de 1743 en Kibworth Harcourt, Leicestershire, Inglaterra. O seu pai, o Reverendo John Aikin, era o director da Academia Kibworth de Disidentes e ministro nunha próxima igrexa presbiteriana. A residencia da súa familia en Kibworth deulle a Barbauld a oportunidade de aprender latín, grego, francés e italiano, entre moitas outras materias que, segundo se supuña, eran inadecuadas para a formación dunha muller na súa época. A inclinación cara ao estudo por parte de Barbauld preocupou á súa nai, quen temía que quedase solteira toda a súa vida polo seu carácter intelectual; as dúas xamais foron tan próximas como Barbauld foi co seu pai.Rodgers, Betsy. «Georgian Chronicle: Mrs Barbauld & her Family». Londres: Methuen & Co. Ltd. (1958), 30. Con todo, a nai de Barbauld estaba orgullosa dos logros da súa filla, e uns anos máis tarde escribiu dela: «Nunha ocasión efectivamente coñecín a unha pequena nena quen estaba tan ansiosa de aprender como os seus mestres de ensinarlle, e quen aos dous anos de idade xa podía ler oracións e historias curtas dos seus libros, rapidamente, sen erros; en medio ano xa podía ler tan ben como a maioría das mulleres; pero nunca coñecín a outra como ela, e creo que nunca o farei».Citado en Anna Letitia Le Breton, «Memoir of Mrs. Barbauld, including Letters and Notices of Her Family and Friends». Londres: George Bell and Sons (1874), 23–4.

En 1758, a familia trasladouse á Academia Warrington, na cidade homónima, onde lle ofreceron un traballo como mestre ao pai de Barbauld. A Academia tivo entre os seus alumnos a varios dos intelectuais da época, como o filósofo e teólogo Joseph Priestley, e era coñecida como «a Atenas do Norte» pola súa estimulante atmosfera intelectual.Rodgers, 38. Outro alumno destacado foi o revolucionario francés Jean-Paul Marat; as anécdotas escolares suxiren que era un «líder francés» alí durante a década de 1770. Tamén foi un dos pretendentes de Barbauld; presuntamente escribiulle a John Aikin declarándolle a súa intención de converterse en cidadán inglés para casar con ela.Rodgers, 44. Archibald Hamilton Rowan tamén se namorou de Barbauld e describiuna como «unha muller posuidora dunha gran beleza, a cal conservou até os últimos días da súa vida. A súa silueta era esvelta, cunha tez exquisitamente clara acompañada da súa perfecta saúde; os seus trazos eran normais e elegantes, e os seus ollos de cor azul escuro emitían a luz do enxeño e a graza».Citado en Rodgers, 51–2. A pesar da ansiedade da súa nai, Barbauld recibiu moitas ofertas de matrimonio durante a época, aínda que rexeitounas todas.

Primeiros éxitos literarios e matrimonio En 1773, Barbauld escribiu o seu primeiro libro de poemas, despois de que os seus amigos a eloxiasen e convenceran de comezar a publicar.Rodgers, 57. A colección, titulada simplemente Poems (Poemas), tivo catro edicións nun só ano e sorprendeu a Barbauld polo seu éxito. Barbauld pasou a ser unha respectada figura literaria en Inglaterra só coa reputación de Poems. O mesmo ano ela e o seu irmán, John Aikin, publicaron conxuntamente Miscellaneous Pieces in Prose, a cal tamén foi ben recibida. Os ensaios presentes na obra (a maior parte dos cales foron escritos por Barbauld) foron comparados favorablemente coas obras de Samuel Johnson.Rodgers, 61–2. esquerda|miniatura|Joseph Priestley (c. 1763): «A Sra. Barbauld díxome que foron as miñas obras as que a inspiraron para escribir en verso».Schofield, Robert E. «The Enlightenment of Joseph Priestley: A Stud of His Life and Work from 1733 to 1773». University Park: Pennsylvania State University Press (1997), 93. En maio de 1774, pese a algunhas «dúbidas», Anna Laetitia contraeu matrimonio con Rochemont Barbauld, o neto dun hugonote francés e antigo alumno de Warrington. Segundo a sobriña de Barbauld, Lucy Aikin:

Despois da voda, a parella mudouse a Suffolk, preto de onde lle ofreceran un traballo a Rochemont nunha escola para homes.Rodgers, 63–4. Barbauld pasou o tempo reescribindo algúns dos Salmos, un pasatempo común durante o século XVIII, publicándoos baixo o nome Devotional Pieces Compiled from the Psalms and the Book of Job (Pezas devotas compiladas dos Salmos e do Libro de Xob). Xunto a esa obra publicou o seu ensaio Thoughts on the Devotional Taste, on Sects and on Establishments (Pensamentos sobre o gusto devoto, sobre as seitas e as clases dirixentes), o cal explica a súa teoría sobre o sentimento relixioso e os problemas inherentes na institucionalización da relixión. Segundo parece, Barbauld e o seu marido preocupáronse ante o feito de que xamais poderían ter un fillo propio e en 1775, despois de só un ano de matrimonio, Barbauld suxeriulle ó seu irmán adoptar a un dos seus fillos:

Finalmente o seu irmán aceptou e a parella adoptou a Charles; foi para el que Barbauld escribiu os seus libros máis famosos: Lessons for Children (1778–9) e Hymns in Prose for Children (1781).

Academia Palgrave Barbauld e o seu esposo deron clases durante once anos na Academia Palgrave en Suffolk. A partir de entón, Barbauld non só debeu facerse cargo do seu fogar senón tamén do seu traballo: foi contable, doncela e ama de chaves.McCarthy, William. «The Celebrated Academy at Palgrave: A Documentary History of Anna Letitia Barbauld’s School». The Age of Johnson: A Scholarly Annual 8 (1997), 282. A escola foi inaugurada con só oito alumnos, pero cando os Barbauld a abandonaron en 1785, ao redor de corenta estaban inscritos debido á excelente reputación que adquirira a escola.McCarthy, «Academy», 284–5. A filosofía educativa dos Barbauld atraeu tanto aos disidentes como aos anglicanos. Palgrave substituíu a estrita disciplina das escolas tradicionais tales como Eton, que adoitaban utilizar o castigo corporal, cun sistema de «multas» e mesmo «xuízos xuvenís», é dicir, xuízos levados a cabo polos mesmos estudantes.McCarthy, «Academy», 292. Ademais, en lugar de impartir clases na forma clásica, a escola ofreceu un plan de estudos práctico que incluíu ciencia e linguaxes modernas. Barbauld ensinou as materias de lectura e relixión aos nenos máis novos e xeografía, composición e retórica e ciencia aos máis avanzados.McCarthy, «Academy», 298. Foi unha mestra dedicada, producindo unha «crónica semanal» para a escola e escribindo obras teatrais para que fosen representadas polos estudantes.McCarthy, «Academy», 306. Barbauld causou un profundo efecto na maior parte dos estudantes; un que tivo moito éxito, William Taylor, un prominente estudoso da literatura alemá, referiuse a Barbauld como «a nai da súa mente».Citado en Rodgers, 75.

Participación política e Hampstead esquerda|miniatura|Deseño para o medallón do Comité para a Abolición da Escravitude, creado por Josiah Wedgewood. En setembro de 1785, os Barbauld deixaron Palgrave para visitar Francia, pois a saúde mental de Rochemont comezou a se deteriorar e era incapaz de realizar os seus deberes como profesor.Rodgers, 92. En 1787, mudáronse a Hampstead onde Rochemont foi recomendado para porse á cabeza dunha capela presbiteriana. Foi aquí onde Barbauld estableceu amizade con Joanna Baillie, unha dramaturga. Aínda que xa non estiveron a cargo dunha escola, os Barbauld non abandonaron o seu compromiso coa educación; a miúdo tiveron un ou dous pupilos vivindo con eles, quen foran recomendados por amigos persoais.Rodgers, 101–2.

Foi durante este período, o apoxeo da Revolución francesa, que Barbauld publicou as súas pezas políticas máis radicais. Desde 1787 até 1790, Charles James Fox tratou de convencer á Cámara dos Comúns do Reino Unido para que aprobasen unha lei que garantise os completos dereitos civís dos disidentes. Cando este proxecto de lei foi rexeitado por terceira vez, Barbauld escribiu un dos seus panfletos máis apaixonados, An Address to the Opposers of the Repeal of the Corporation and Test Acts. Os lectores sorprendéronse tras descubrir que tal argumento lúcido fora escrito por unha muller. En 1791, despois de que William Wilberforce tentara prohibir o comercio de escravos, Barbauld publicou Epistle to William Wilberforce Esq. On the Rejection of the Bill for Abolishing the Slave Trade, o cal non só lamentou o destino dos escravos senón que tamén advertiu sobre a dexeneración social e cultural que os británicos recibirían ao non abandonar dita actividade. En 1792, Barbauld continuou co tema da responsabilidade nacional nun sermón anti-bélico titulado Sins of Government, Sins of the Nation no cal argumentou que cada individuo é responsable das accións da nación: «Fomos convocados para arrepentirnos dos pecados nacionais, porque podemos solucionalos, e debemos solucionalos».Barbauld, Anna Laetitia. «Sins of Government, Sins of the Nation». Anna Letitia Barbauld: Selected Poetry and Prose. Eds. William McCarthy and Elizabeth Kraft. Ontario: Broadview Press, Ltd. (2002), 300.

Stoke Newington e o fin dunha carreira literaria