miniatura|Amilladoiro en Borreraig, na illa de Skye, na honra da familia MacCrimmon, adicados durante séculos ao estudo da música tradicional. O Trofeo MacCrimmon de Gaita é unha competición musical celebrada dende 1986 no marco do Festival Intercéltico de Lorient entre gaiteiros galegos e asturianos.
Os competidores deben tocar música tradicional galega, asturiana e bretoa e un xurado formado por membros das tres rexións elixe un gañador. O gaiteiro máis laureado é o galego Edelmiro Fernández, con catro vitorias, seguido do asturiano José Manuel Tejedor, con tres.
Historia En 1980 comezou a celebrarse o Trofeo Macallan de Gaita das Highlands, para premiar cada ano ao mellor intérprete de dito instrumento. Seis anos despois incluíuse unha sección da competición para gaiteiros galegos e asturianos, co nome de Trofeo Macallan de Gaita, resultando o asturiano Xuacu Amieva como primeiro gañador, por diante do galego Bieito Romero. En 1987 incluíuse a obrigación de tocar tanto música galego como asturiana. A maioría de participantes daquela segunda edición non foran avisados desa norma e foron descualificados por non tocar músicas de ambas as rexións, quedando só dous competidores: Vicente Prado "o Pravianu", que foi o gañador, e Carlos Núñez, con só 16 anos, que quedou segundo, posto que repetiría ao ano seguinte. Carlos Núñez foi o primeiro gañador galego, saíndo vencedor na edición de 1989. Posteriormente incluíuse a obriga de tocar tamén algunha composición bretoa.
Dende 2005, ante unha lei que prohibiu o patrocinio de eventos con bebidas alcohólicas, retirouse do seu nome a marca de bebidas Macallan e mudouse por MacCrimmon, en honra a unha famosa familia escocesa cuxos membros se dedicaban ao estudo e transcrición da música tradicional entre finais do século XV e a segunda metade do XVIII. O Trofeo MacCrimon de Gaita está considerado como o maior premio que pode gañar un gaiteiro, dándolle un gran prestixio a todos os que o posúen. Os participantes son elixidos a través de concursos en Asturias e Galicia, co Memorial Remis Ovalle e o Concurso - Selección para o Trofeo MacCrimmon, respectivamente.
Mecánica Compiten oito gaiteiros, catro galegos e catro asturianos, aínda que entre 2005 e 2008 foron nove, ao participar tamén unha representante bretoa, Marie Le Cam. Cada un dos participantes debe tocar un conxunto de pezas, que inclúa polo menos unha peza galega, outra asturiana e outra bretoa. Un xurado formado por seis membros (dous galegos, dous asturianos e dous bretóns) elixe ao gañador, dando cada membro a súa propia puntuación. En caso de empate prémiase ao competidor de menos idade. Isto sucedeu tres veces: en 1995, 2018 e 2019.
Gañadores Ano Gañador SubcampiónTerceiro 1986 Xuacu Amieva Bieito Romero 1987 Vicente Prado Carlos Núñez 1988 Berto Varillas Carlos Núñez 1989 Carlos Núñez José Manuel Tejedor Iván Area 1990 José Manuel Tejedor 1991 Iván Costa 1992 José Ángel Hevia 1993 José Manuel Tejedor 1994 Javier Tejedor Iván Area 1995Houbo un empate en primeira posición entre Jorge Fernández Areces, Edelmiro Fernández e Anxo Lorenzo, séndolle entregado o premio ao primeiro por ser o máis novo. Jorge Fernández Areces Anxo Lorenzo Edelmiro Fernández 1996 Edelmiro Fernández 1997 José Manuel Tejedor Vanessa Pérez Óscar Fernández Carlos Lorenzo 1998 Edelmiro Fernández Óscar Fernández Vanessa Pérez 1999 Óscar Fernández Diego Pangua Ricardo Soberado 2000 Diego Pangua Óscar Ibáñez Iván Gómez 2001 Edelmiro Fernández Óscar Ibáñez Rubén Alba 2002 Rubén Alba Daniel Bellón Pablo Seoane 2003 Daniel Bellón Jairo García Jorge Suárez 2004 Ángel Domingo Brais Paz Iñaki Sánchez 2005 Iñaki Sánchez Rubén Alba Agustín Sánchez 2006 Rubén Alba Jorge Suárez Iñaki Sánchez 2007 Edelmiro Fernández Rubén Alba Alberto Coya 2008 Pablo Devigo Alberto Coya Pablo Carrera 2009 Alberto Coya Pablo Carrera 2010 Andrea Joglar Rubén Alba Rodrigo Joglar 2011 Pedro Álvarez Fariña Jesús Sánchez Raúl Lacilla 2012 Raúl Lacilla Javier Menéndez Jesús Fernández 2013 Jesús Fernández Xesús Rodríguez Álvaro Álvarez 2014 Álvaro Álvarez Xesús Rodríguez Jesús Fernández 2015 Álvaro Álvarez Javier Vázquez Xesús Rodríguez 2016 Jesús Fernández Xesús Rodríguez Fernando Vázquez 2017 Jaime Álvarez Fernando Vázquez Rafael Carracedo 2018Houbo un empate en primeira posición entre Javier Menéndez e Raquel Vilas, séndolle entregado o premio ao primeiro por ser o máis novo. Javier Menéndez Raquel Vilas Fernando Vázquez 2019Houbo un empate en primeira posición entre María López e Fernando Vázquez, séndolle entregado o premio á primeira por ser a máis nova. María López Fernando Vázquez Xesús Rodríguez2020Cancelado2021Cancelado2022 Fernando Vázquez Jaime Álvarez Manuel R. Seoane2023 Jaime Álvarez Rafael Carracedo Diego Lobo2024 Diego Lobo Xesús Rodríguez Daniel Meré2025 Rafael Carracedo Pelayo Suárez Manuel R. Seoane
Mencións honoríficas Concedéronse diferentes mencións honoríficas na historia do certame: No ano 2000, o asturiano Diego Pangua recibiu a mención honorífica por ser o gañador máis novo da historia do certame (16 anos). En 2010, a tamén asturiana Andrea Joglar recibiu a mención honorífica do concurso por ser a primeira muller en gañar o premio. En 2012, Javier Menéndez recibiu a mención honorífica do xurado bretón de música pola súa excelente interpretación da música bretoa. En 2019, María López recibiu a mención honorífica por ser a gañadora máis nova da historia do certame (14 anos) ademais de ser a primeira muller galega en gañar o premio.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Palmarés do trofeo no sitio web oficial do Festival Intercéltico de Lorient .
Categoría:Cultura da Bretaña Categoría:Gaitas Categoría:Festivais de música en Francia Categoría:Acontecementos musicais