Tapputi, tamén coñecida como Tapputi-Belatekallim («Belatekallim» refírese á muller supervisora dun palacio), é considerada a primeira química da historia.Alic, M. Hypatia's heritage, a history of women in science from antiquity through the nineteenth century. Boston, MA: Beacon Press, 1987. 22. Print.
Traxectoria
Considerada precursora dos actuais perfumes, é mencionada nunha táboa cuneiforme -datada ao redor do 1200 a.C. na Mesopotamia babilónica- na que aparecen algunhas das súas receitas. Usaba flores, aceite e cálamo xunto con cyperus, mirra e bálsamo. Agregaba auga ou outros solventes, logo destilábaos e filtraba varias veces. Esta é tamén a máis antiga referencia conservada dun alambique. Nesta táboa tamén aparece outra persoa cuxo nome –(–)ninu– aparece parcialmente borrado, e que probablemente era axudante de Tapputi. Descríbese a ambas mulleres como perfumistas.
O título de Belakkallilm –supervisora de palacio– para Tapputi indica que ocupaba un lugar destacado na sociedade, dende logo elaborando os seus perfumes para a realeza, pero tamén como supervisora no palacio real.Rayner-Canham, Marelene, and Geoffrey Rayner-Canham. Women in Chemistry: Their Changing Roles from Alchemical Times to the Mid-Twentieth Century. 1st edition. Chemical Heritage Foundation, 2005. 1. Print.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cronoloxía da química
Categoría:Personalidades da química Categoría:Inventores