miniatura|256px|Modelo dun FY-2. Fengyun (en chinés tradicional: 風雲; en chinés simplificado: 风云; en pinyin: Fēngyún; en ), abreviadamente FY, é o nome dunha serie de satélites meteorolóxicos chineses. Existen dúas familias de satélites FY: a familia FY-1 e FY-3, satélites en órbita polar; e a formada polas series FY-2 e FY-4, situados en órbita xeoestacionaria.
FY-1 Os FY-1 eran satélites meteorolóxicos en órbita polar, a uns 900 km de altura e cunha inclinación orbital duns 99º. Lanzáronse catro (FY-1A, FY-1B, FY-1C e FY-1D) entre 1988 e 2002, os dous primeiros (experimentais) mediante foguetes CZ-4 e os dous últimos mediante CZ-4B. O instrumento principal era un radiómetro que observaba en cinco bandas entre as lonxitudes de onda visibles e infravermellas próximas. Os satélites estabilizábanse nos tres eixos e transmitían os seus datos en banda X. As características dos satélites FY-1 variaban lixeiramente entre eles. Tiñan forma de caixa con masas entre 750 e 880 kg. Alimentábanse mediante paneis solares que proporcionaban ata 800 W de potencia que eran almacenados en baterías de níquel-cadmio. O control de actitude era exercido mediante unha combinación de propulsores de nitróxeno e volantes de inercia. O FY-1C foi destruído o 11 de xaneiro de 2007 durante a proba dun mísil antisatélite por parte da China, xerando unha nube de restos que segue en órbita.
FY-2 Os FY-2 eran satélites meteorolóxicos en órbita xeostacionaria, a uns 35.700 km de altura. Lanzáronse oito entre entre 1997 e 2018, os dous primeiros mediante foguetes CZ-3 e os restantes mediante CZ-3A. Un primeiro satélite foi perdido durante a explosión do foguete lanzador en 1994 durante probas previas ao lanzamento. Os FY-2 estabilizábanse mediante xiro a unhas 100 r.p.m. e tiñan unha masa duns 600 kg. Tiñan forma cilíndrica, cuns 2,1 m de diámetro e unha altura total de 4,5 m. O instrumento principal era un radiómetro de exploración con sensores para o visible e o infravermello, cunha resolución de 1,25 km e 5,0 km, respectivamente. Os satélites transmitían os seus datos en banda S e en UHF.
FY-3 Os FY-3 son os sucesores dos FY-1. Van equipados con sensores multiespectrais, tridimensionais e útiles en calquera clase de tempo meteorolóxico. Acadan unha resolución de 250 m e teñen unha masa de 2200 kg. Lanzáronse catro, todos mediante foguetes CZ-4C, entre 2008 e 2017.
FY-4 Os FY-4 son os sucesores dos FY-2. A diferenza destes, estabilízanse nos tres eixos e están baseados no bus SAST-5000. Lanzáronse dous satélite deste modelo, en 2016 e 2021, mediante foguetes CZ-3B.
Misións FY
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasFY-1A6 de setembro de 1988CZ-4FY-1B3 de setembro de 1990CZ-4FY-2A10 de xuño de 1997CZ-3FY-1C10 de maio de 1999CZ-4BFY-2B25 de xuño de 2000CZ-3FY-1D15 de maio de 2002CZ-4BFY-2C19 de outubro de 2004CZ-3AFY-2D8 de decembro de 2006CZ-3AFY-3A27 de maio de 2008CZ-4CFY-2E23 de decembro de 2008CZ-3AFY-3B4 de novembro de 2010CZ-4CFY-2F13 de xaneiro de 2012CZ-3AFY-3C23 de setembro de 2013CZ-4CFY-2G31 de decembro de 2014CZ-3AFY-4A10 de decembro de 2016CZ-3BFY-3D14 de novembro de 2017CZ-4CFY-2H5 de xuño de 2018CZ-3AFY-4B2 de xuño de 2021CZ-3BFY-3G16 de abril de 2023CZ-4BFY-3H26 de setembro de 2025CZ-4C
Notas
Véxase tamén Outros artigos CZ-3 CZ-3A CZ-3B CZ-4 CZ-4B
Categoría:Satélites artificiais