Edelmiro Dios Vázquez, nado en Pontevedra e finado no mesmo concello o 4 de setembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Ferreiro. Vicesecretario do PSOE de Pontevedra e presidente da Juventud Socialista local, militante da UGT e membro da dirección local do Socorro Vermello Internacional. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, pero foi posto en liberdade a finais de novembro.El Pueblo Gallego, 1-12-1934, p. 12. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu oculto na zona de Paredes (Vilaboa) xunto a un compañeiro, pasando despois a Cobres; na noite do 3 de setembro, unha delación levou a que falanxistas e cívicos rodeasen a casa na que estaban agochados.Diario de Pontevedra, 4-9-1936, p. 2. Conducidos ao cuartel do Campo da Feira, foron salvaxemente torturados. A pesar de quedar á disposición do xuíz militar, o seu cadáver apareceu a mañá do 5 de setembro no cemiterio de Bora. En agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.El Pueblo Gallego, 21-8-1940, p. 6.BOE, 6-10-1940, p. 4665.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido