Faustino Gama Casalderrey, nado en Lérez (Pontevedra) cara a 1909 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Faustino Gama. Foi un dinamizador político e un divulgador do marxismo entre a clase obreira pontevedresa dos anos trinta. Como o seu irmán Alejandro era militante do Partido Comunista de España e directivo da Federación Cultural Deportiva Obrera de España (FCDOE) en Pontevedra. Con Alejandro e Manuel Calvo tomaron parte nas milicias formadas no goberno civil e no concello ante o inminente levantamento militar.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido, primeiro polos montes de Lérez e Verducido e despois en diferentes escondedoiros. A presión policial sobre a familia da súa moza, Estrella Portela, que vivía en Salcedo, fixo que volvese cara a Lérez e se presentase o 28 de decembro ao médico Enrique Ballina e ao cura Leandro del Río Carnota, para que o acompañasen a entregarse ás autoridades.El Progreso, 29-12-1936, p. 1. Ao día seguinte foi fusilado "por incurso en los bandos vigentes".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Nados en 1909 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos