O francotirador (en ) é un filme estadounidense de 2014 dirixido por Clint Eastwood e escrito por Jason Hall. Baséase no libro de memorias American Sniper: The Autobiography of the Most Lethal Sniper in U.S. Military History (2012) de Chris Kyle, Scott McEwen e Jim DeFelice. O filme conta a vida de Kyle, quen se converteu no mellor tirador da historia militar dos Estados Unidos, con 255 asasinatos durante a guerra de Iraq, 160 dos cales foron oficialmente confirmados polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América. Mentres que Kyle foi condecorado polos seus éxitos militares, as súas misións militares afectárono fortemente na súa vida persoal e familiar. O filme foi producido por Eastwood, Robert Lorenz, Andrew Lazar, Bradley Cooper e Peter Morgan. Está protagonizado por Cooper no papel de Kyle e Sienna Miller como a súa esposa Taya, xunto con Luke Grimes, Jake McDorman, Cory Hardrict, Kevin Lacz, Navid Negahban e Keir O'Donnell nos papeis secundarios.
Estreouse en galego o 22 de xullo de 2020 a través da TVG. Foi traducido ao galego por Manuel Arca Castro e a directora de dobraxe foi Charo Pena.
Personaxes
Bradley Cooper como Chris Kyle Sienna Miller como Taya Kyle Luke Grimes como Marc Lee Jake McDorman como Ryan "Biggles" Job Cory Hardrict como "D" / Dandridge Kevin "Dauber" Lacz como el mesmo Navid Negahban como Sheikh Al-Obodi Keir O'Donnell como Jeff Kyle Kyle Gallner como Goat-Winston Sam Jaeger como Capitán Martens Sammy Sheik como Mustafa, un personaxe parcialmente baseado no francotirador iraquí Juba Mido Hamada como "The Butcher", un personaxe posiblemente baseado en Abu Deraa Eric Close como DIA Axente Snead Eric Ladin como Squirrel Ben Reed como Wayne Kyle Brian Hallisay como Capitán Gillespie Tim Griffin como Coronel Gronski Elise Robertson como Deby Kyle Marnette Patterson como Sara Cole Konis como Chris Kyle de neno Leonard Roberts como Instrutor Rolle Luke Sunshine como Jeff Kyle de neno Max Charles como Colton Kyle Troy Vincent como Pastor Vincent Selhorst-Jones como veterano en Truck (Eddie Ray Routh)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Clint Eastwood Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Malpaso Productions Categoría:Filmes sobre a Guerra de Iraq Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes ambientados en 1998 Categoría:Filmes ambientados en 2013 Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego