Fregat é o nome dun foguete espacial de Rusia en servizo desde 2000. Úsase como etapa final de varios modelos de foguetes, como o Soiuz U, Soiuz FG, Soiuz 2-1a, Soiuz 2-1b e Zenit 3F, para aumentar a capacidade e flexibilidade do lanzador. Fregat reutiliza varios sistemas e compoñentes usados noutras etapas para abaratar custos e acelerar o seu desenvolvemento. O foguete consiste en seis tanques esféricos (catro con propeplente e dous coa aviónica) dispostos en círculo. É independente do resto do foguete, contando co seu propio sistema de navegación, a súa aviónica e os seus sistemas de control, seguimento e telemetría. Como propelentes utiliza tetróxido de nitróxeno e UDMH e é capaz de 20 reacendidos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Soiuz FG Soiuz 2-1a Fregat Soiuz 2-1b Zenit 3F
Categoría:Foguetes espaciais