Arménio Adroaldo Vieira e Silva, coñecido como Arménio Vieira, nado en Praia, Santiago, o 24 de xaneiro de 1941, é un xornalista e escritor da lingua portuguesa cabo verdiano.
Biografía Elemento activo da xeración de 1960, colaborou en SELÓ - folha dos novíssimos, Boletim de Cabo Verde, revista Vértice (Coímbra), Raízes, Ponto & Vírgula, Fragmentos, Sopinha de Alfabeto, entre outras publicacións. Foi redactor do extinguido xornal Voz di Pobo.
En 1981 lanzou o libro Poemas.
Foi o primeiro Cabo-verdiano, en 2009, en gañar o Premio Camões.
En xuño de 2013 publicou O Brumário e Derivações do Brumário. Inicio dunha serie con "versos libres, notas poéticas e miscelâneas".
Tres poemas seus (Lisboa - 1971, Quiproquo e Ser tigre), encóntranse no CD Poesía de Cabo Verde e sete poemas de Sebastião da Gama, de Afonso Días.
Obra
Poesía
Poemas (1981). África Editora - Colecção Cântico Geral. - Lisboa. Reedición en 1998, Ilhéu Editora - Mindelo. MITOgrafias (2006). Ilhéu Editora - Mindelo. En 2011 en Nova Vega. O Poema, a Viagem, o Sonho (2009). Editorial Caminho - Lisboa. O Brumário (2013). Biblioteca Nacional de Cabo Verde e Publicom. Derivações do Brumário (2013). Biblioteca Nacional de Cabo Verde e Publicom. Sequelas do Brumário (2015). Rosa de Porcelana Editora. Só cinco dos 90 textos son versos (poemas explícitos), a maior parte é prosa poética mais todos traen reflexións poéticas, metapoéticas e filosófico-literárias. Silvenius (2016). Antoloxía poética. Rosa de Porcelana Editora.
Narrativa
O Eleito do Sol (1990). Edição Sonacor EP - Grafedito - Praia. Edición en Vega en 1992. Novela. No Inferno (1999). Centro Cultural Português - Praia e Mindelo. No 2001 editado en Ed. Camiho. Novela Fantasmas e Fantasias do Brumário (2014). Rosa de Porcelana Editora. Relatos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Resumo: No inferno. Vozes poéticas da Lusofonía. ARMÊNIO VIEIRA: AULAS MAGNAS DE ARTE POÉTICA
Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de Cabo Verde Categoría:Nados en Praia Categoría:Nados en 1941