Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda).
A coroa de Fiume (en italiano: Corona Fiumana; en croata: Riječka kruna; en húngaro: Fiume korona), abreviado Cor. ou FIUK, foi a moeda oficial do Estado Libre de Fiume entre abril de 1919 e setembro de 1920.
Historia
Contexto Logo do colapso do Imperio Austrohúngaro, o Banco Austrohúngaro, administrado conxuntamente por Austria e Hungría, continuou a emitir billetes de coroa austrohúngara, que seguía a ser a moeda común de Austria, Hungría e Checoslovaquia, e que circulaba tamén en territorios que formaban parte doutros estados. No entanto, a partir de 1919, os novos estados comezaron a crear os seus propios sistemas monetarios nacionais.Травин Д., Маргания О. (2004). Европейская модернизация. — Глава 4. «Австро-Венгрия: Развод по Габсбургскому счёту». Терра Фантастика. Moscova.
A coroa de Fiume O 18 de abril de 1919, o Consello Nacional Italiano de Fiume, que era a entidade que exercía a autoridade na cidade, introduciu a denominada "coroa de Fiume", cuxa especie física consistiu no reselo dos billetes da coroa austrohúngara, que circulara ata a data naquel territorio.Dobrinić, J. (2005). Riječka numizmatika - Riječki novci i novci s riječkim obilježjima 1848.-2002. Muzej grada Rijeke. Páxinas 74-79. ISBN 9536587270 Estes reselos eran de dous tipos: o escudo de armas de Savoia e a inscrición CITTA DI FIUME.Rádóczy G. (1984). A legújabb kori magyar pénzek (1892-1981). Budapest. Corvina, Páxina 216. ISBN 963-13-1528-2Emoroso, O. (2015). "Il caos valutario del periodo interalleato: dalla corona ungherese a quella fiumana". En FiumeFil. 29 de outubro."Fiume Rijeka banknotes". World Paper Money Catalog and History (ATSnotes.com). miniatura|Billete de 10 coroas de Fiume Logo da ocupación levada a cabo en setembro de 1919 polo poeta e político italiano Gabriele D'Annunzio con preto dun cento de lexionarios italianosParlato, G. (2000). La sinistra fascista. Storia di un progetto mancato. Boloña. Il Mulino. Páxina 88. ISBN 978-8815127051"L’“impresa di Fiume”". En Post. 16 de marzo de 2014., selouse unha nova serie de billetes en nome do Instituto de Crédito do Consello Nacional (Istituto di Credito del Consiglio Nazionale) segundo se dispuxo nun decreto do 6 de outubro. O reselo, nesta ocasión, era rectangular, de 45x60 mm, coa lenda CITTA DI FIUME. ISTITUTO DI CREDITO DEL CONSIGLIO NAZIONALE.Emoroso, O. (2017). "La riforma monetaria del periodo dannunziano a Fiume". En FiumeFil. 17 de novembro.
A coroa de Fiume foi a moeda oficial da cidade ata o 26 de setembro de 1920, cando, por un decreto do xeneral Amantea, comandante das tropas italianas en Fiume, se introduciu a lira italiana como moeda oficial do territorio.
A coroa seguiu a circular ata a anexión da cidade a Italia en febreiro de 1924. O Real decreto 235 do 24 de febreiro de 1924 fixou a data concreta da conversión no 30 de abril dese mesmo ano,cunha taxa de cambio de 0,40 liras italianas por cada coroa de Fiume.Sirsen, G. (1984). "Fiume e la numismatica". En Fiume. 7. Páxina 84.
Tipos de cambio En novembro de 1919, unha coroa de Fiume equivalía a tres coroas do Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, e a 0,40 liras italianas. No entanto, no mercado negro, o cambio real situábase nas 0,21 liras italianas.Matejčić, R. (1963). "Krune "Citta di Fiume" i problem valute u Rijeci od godine 1918-1924". En Numizmatičke vijesti. Nº20.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Coroa (moeda) Coroa austrohúngara Estado Libre de Fiume
Categoría:Coroa (moeda) Categoría:Moedas de Europa Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de Croacia Categoría:Billetes