Stephen Nathaniel Frick, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 30 de setembro de 1964, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-122 e STS-110.

Traxectoria Frick graduouse en enxeñería aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1986 e é máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1994.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando nas misións STS-122 e STS-110. Pasou un total de 23,59 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-122 STS-110

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania