miniatura|275x275px|Campus da UTEC en construción, Lima miniatura|275x275px|Escola de Medicina da Universidade de Limerick miniatura|275x275px|Loreto Community School Shelley McNamara, nada en Lisdoonvarna, Condado de Clare en 1952, é unha arquitecta e académica irlandesa. É cofundadora de Grafton Architects con Yvonne Farrell en 1978. Grafton colleu relevancia a inicios da década de 2010, especializándose na construción de edificios voluminosos, austeros mais espazosos para o ensino superior. McNamara ensina arquitectura na University College Dublin desde 1976 e, tamén, noutras universidades.

Grafton recibiu en 2020 a Medalla de Ouro do RIBA e o seu edificio para a Universidade de Enxeñaría e Tecnoloxía de Lima obtivo o Premio Internacional RIBA en 2016 como o mellor edificio do mundo construído nese ano. Comparte con Farrell o Premio Pritzker 2020, o premio máis prestixioso en arquitectura.Pritzker Architecture Prize Goes to Two Women for the First Time The New York Times, Anwar parves, 3 de marzo de 2020

Traxectoria

Grafton Architects Xunto con Yvonne Farrell, McNamara estabeleceu Grafton Architects en Dublín, Irlanda en 1978. A súa arquitectura abarca todas as escalas e programas aínda que sobresaíron polos seus proxectos de edificios públicos e educativos tanto no ámbito local como internacional. Farrell e McNamara son conscientes de que o exercicio da arquitectura non é o produto dun só xenio; a arquitectura, afirman, é moito máis grande que iso, é un traballo colectivo onde a crítica e a discusión das ideas son estritamente necesarias. O ensino de proxectos cumpre un papel de vital importancia no seu propio desenvolvemento como profesionais, onde aprenden, teorizan e obteñen o contrapunto ao traballo na práctica.

Apostan por unha filosofía do deseño proxectual baseada no encontro das palabras e as ideas, a ética e a función pública da arquitectura. A súa motivación é lograr unha arquitectura que conxugue a súa dimensión artística coa súa misión de satisfacer necesidades humanas, materiais e simbólicas. Consideran a arquitectura como unha profesión que ten que escoitar (o que se di e o que non) para sintonizar cos requirimentos do lugar, tanto físicos como culturais.

Academia McNamara traballou na Escola de Arquitectura en UCD desde 1976. Pouco despois de graduarse empezou ensinar no University College de Dublín, xunto con Yvonne Farrell, onde ensinou entre 1976 e 2002. En 2015, McNamara alcanzou o grao de profesor adxunto na UCD.

Ademais McNamara foi profesora visitante da Accademia d'Archittettura da Oxford Books University, e da Accademia dei Architettura, Mendrisio (2008- 2010), Oslo, EPFL e Lausanne (2010-2011). Foi profesora a tempo completo en Mendrisio en 2013. En 2010, McNamara ocupou a Cátedra Kenzō Tange na Harvard Graduate School of Design e a Cátedra Louis Kahn na Universidade Yale no outono de 2011. Actuou como un xurado externo na Universidade de Cambridge e na London Metropolitan School of Architecture. Ademais de ensinar, McNamara deu moitas conferencias en Escolas europeas e norteamericanas de Arquitectura.

Publicacións McNamara, xunto con Yvonne Farrell, publicou o libro Dialogue and Translation: Grafton Architects en 2014. Este libro comprende o traballo da firma e unha colección de conferencias que ditaron na Escola de Arquitectura, Planificación e Preservación da Universidade de Columbia. Inclúe un comentario crítico de Kenneth Frampton.

Curaduría Grafton Architects foron as curadoras da edición de 2018 da Bienal de Arquitectura de Venecia.

Obras

2006: Solstice Arts Centre, Navan, Co.Meath, Irlanda. 2008: Waterloo Lane, Dublín 4, Irlanda. 2012: Universidade de Limerick Escola Médica, Limerick, Irlanda. 2014: Memoria / Grafton Arquitectos, coa colaboración de ELISAVA para os 300 Anos de Espírito Catalán, España. Edificio Paul Marshall, Escola de Londres de Economía e Ciencia Política (LSE), Londres. UTEC- Universidade de Enxeñaría & Tecnoloxía, Lima. Concurso 2011, Proxecto 2015

Premios e Exposicións

"Bocconi Projects" no Pavillón italiano, Bienal de Venecia, ‘Next', 2002. Dunshaughlin Oficinas cívicas, Co. Meath, Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe, 2003. Premio World Building of the Year, 2008 para a Universidade Luigi Bocconi en Milán, Italia. Universidade Luigi Bocconi nomeada para o Premio Mies van der Rohe en 2009. Universidade Luigi Bocconi, Premio World Building of the Year, 2008 para Grafton Architects, RAIA, 2009. Participación na Irish Group Exhibition, The Lives of Spaces, Bienal de Venecia, 2010. "Architecture as New Geography", León de Prata da Bienal de Venecia, Exposición de Common Ground, 2012. Universidade de Limerick, Escola de Medicina e Refuxio de Autobús, nomeados para o Premio RIBA Stirling, 2013. Universidade de Limerick, Escola de Medicina e Residencias Estudantís, Piazza e Pérgola, Premio europeo da RIBA, 2013. "Campus da Universidade de Limerick o campus" exhibido na mostra Sensing Spaces na Royal Academy. Nomeadas para o Premio AJ Mulleres en Arquitectura, 2014. Premio Jane Drew, 2015.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Grafton Architects website Debuxos de Shelley McNamara no MoMA

Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en 1952 Categoría:Arquitectos de Irlanda‎ Categoría:Nados no condado de Clare