Dalton Jérson Trevisan, nado en Curitiba o 14 de xuño de 1925 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 2024, foi un escritor brasileiro, famoso polos seus libros de contos, especialmente O Vampiro de Curitiba (1965), e pola súa natureza reservada.
Traxectoria Trevisan traballou durante a súa xuventude na fábrica de vidros da súa familia e chegou a exercer a avogacía durante 7 anos, despois de se licenciar na Facultade de Dereito do Paraná (actual UFPR). Cando era estudante de Dereito, Trevisan acostumaba lanzar os seus contos en modestos folletos. Liderou o grupo literario que publicou, entre 1946 e 1948, a revista Joaquim. O nome, segundo el, era "unha homenaxe a todos os Joaquins do Brasil". A publicación tornouse voceira dunha xeración de escritores, críticos e poetas. Reunía ensaios asinados por Antonio Cândido, Mário de Andrade e Otto Maria Carpeaux e poemas até entón inéditos, como "O Caso do Vestido", de Carlos Drummond de Andrade. A revista tamén traía traducións de Joyce, Proust, Kafka, Sartre e Gide e era ilustrada por artistas como Poty, Di Cavalcanti e Heitor dos Praceres. A publicación, que circulou até decembro de 1948, contiña o material dos seus primeiros libros de ficción, incluíndo Sonata ao Luar (1945) e Sete Anos de Pastor (1948) —dúas obras das que renegou o autor—. En 1954 publicou o Guia Histórico de Curitiba, Crônicas da Província de Curitiba, O Dia de Marcos e Os Domingos ou Ao Armazém do Lucas, edicións populares á maneira dos folletos de feira.
Inspirado nos habitantes da cidade, creou personaxes e situacións de significado universal, en que as tramas psicolóxicas e os costumes son recriados por medio dunha linguaxe concisa e popular, que valoriza os incidentes do cotián sufrido e angustiante. Publicou tamén Novelas Nada Exemplares (1959) e gañou o Premio Jabuti da Cámara Brasileira do Libro. Como era de esperar, non asistiu, enviou un representante para recibilo. Morte na Praça (1964), Cemiterio de Elefantes (1964) e O Vampiro de Curitiba (1965). Illado dos medios intelectuais e concorrendo so pseudónimo, Trevisan conquistou o primeiro lugar do I Concurso Nacional de Contos do Estado do Paraná, en 1968. Escribiu despois A Guerra Conjugal (1969), posteriormente transformada nun premiado filme, dirixido por Joaquim Pedro de Andrade, Crimes da Paixão (1978) e Lincha Tarado (1980). En 1994 publicou Ah, é?, obra prima do estilo minimalista. A súa única novela publicada é A Polaquinha.
Foi recoñecido como un importante contista da literatura brasileira por gran parte dos críticos do país. Non obstante, era remiso a entrevistas e exposicións en órganos de comunicación social, creando unha atmosfera de misterio en torno do seu nome. Por ese motivo recibiu o alcume de "Vampiro de Curitiba", nome dun dos seus libros. Asina só "D. Trevis" e non recibe a visita de estraños.
Foi elixido por unanimidade vencedor do Premio Camões de 2012, ano en que tamén recibiu o Premio Machado de Assis, da Academia Brasileira de Letras, polo conxunto da súa obra.
Obras publicadas
Novelas nada Exemplares (1959)Dalton Trevisan - Biografia Projeto Releituras Cemitério de Elefantes (1964) Morte na Praça (1964) O Vampiro de Curitiba (1965) Desastres do Amor (1968) Mistérios de Curitiba (1968) A Guerra Conjugal (1969) O Rei da Terra (1972) O Pássaro de Cinco Asas (1974) A Faca No Coração (1975) Abismo de Rosas (1976) A Trombeta do Anjo Vingador (1977) Crimes de Paixão (1978) Primeiro Livro de Contos (1979) Vinte Contos Menores (1979) Virgem Louca, Loucos Beijos (1979) Lincha Tarado (1980) Chorinho Brejeiro (1981) Essas Malditas Mulheres (1982) Meu Querido Assassino (1983) Contos Eróticos (livro) (1984) A Polaquinha (1985) Noites de Amor em Granada Pão e Sangue (1988) Em Busca de Curitiba Perdida (1992) Dinorá - Novos Mistérios (1994) Ah, É? (1994) 234 (1997) Vozes do Retrato - Quinze Histórias de Mentiras e Verdades (1998) Quem tem medo de vampiro? (1998) 111 Ais (2000) Pico na veia (2002) 99 Corruíras Nanicas (2002) O Grande Deflorador (2002) Capitu Sou Eu (2003) Arara Bêbada (2004) Gente Em Conflito (con Antônio de Alcântara Machado) (2004) Macho não ganha flor (2006) O Maníaco do Olho Verde (2008) Uma Vela Para Dario (talvez 2008) Violetas e Pavões (2009) Desgracida (2010) O Anão e a Ninfeta (2011) O beijo na nuca (2014)
Renegados polo autor Primeiros libros publicados, dos que o autor renegou. Editores descoñecidos.
Sonata ao Luar (1945) Sete Anos de Pastor (1948)
No exterior
De koning der aarde (O Rei da Terra) - tradución de August Willemsen - Amsterdam (1975) The Vampire of Curitiba and Others Stories - tradución de Gregory Rabassa, Alfred A. Knopf - Nova York (1972) De vijfvleugelige vogel (O Pássaro de Cinco Asas) - trad. August Willemsen - Amsterdam (1977)
En español
Novelas nada ejemplares - tradución de Juan García Gayo, Monte Ávila Editores - Caracas (1970) La guerra conyugal - tradución de Juan García Gayo, Monte Ávila Editores - Caracas (1972) El vampiro de Curitiba - tradución de Haydée M. J. Barroso, Sudamericana - Buenos Aires (1976) Cementerio de elefantes - Editorial Norma - Colombia (1993) La trompeta del ángel vengador - Editorial Mardulce - Buenos Aires (2013)
Contos en antoloxías alemás (1967 e 1968), arxentinas (1972 e 1978), americanas (1976 e 1977), polacas (1976 e 1977), sueca (1963), venezolana (1969), danesa (1972) e portuguesa (1972).
Premios Prémio Jabuti de Literatura (1960, 1965, 1995 e 2011) Prémio da Associação Paulista dos Críticos de Arte (1976) Prêmio Portugal Telecom de Literatura (2003) Prêmio Literário da Fundação Biblioteca Nacional (2008, 2015) Prêmio Camões (2012) Prêmio Machado de Assis (2012) Prêmio do Negrinho (2013)
Filme Guerra Conjugal (1974), historias e diálogos do autor, guión e dirección de Joaquim Pedro de Andrade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Fragmento do libro Douscentos ladróns - Editora L&PM
Categoría:Nados en Curitiba Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Escritores en lingua portuguesa