Sergei Mikhailovich Makarov (en ), nado en Cheliabinsk o 19 de xuño de 1958, é un xogador de hóckey sobre xeo ruso, dúas veces campión olímpico, que xogaba como winger dereito. Foi votado como un dos seis xogadores do equipo do centenario pola International Ice Hockey Federation (IIHF) nunha enquisa dirixida a un grupo de 56 expertos de dezaseis países.IIHF Centennial All-Star Team

Traxectoria Makarov foi adestrado totalmente na Unión Soviética. Gañou dous campionatos do mundo júnior, e na segunda vitoria (1978) foi nomeado mellor xogador. Makarov tamén gañou o ouro nos campionatos do mundo de 1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1986, 1989 e 1990 e na Copa Canadá de 1981. Nos Xogos Olímpicos de Inverno, gañou a medalla de ouro en 1984 e 1988 e a de prata en 1980 como membro do equipo soviético. Na Unión Soviética xogou once temporadas co CSKA Moscova (Exército Vermello), gañando o premio ao xogador soviético do ano en tres ocasións, sendo nomeado membro do equipo das estrelas en dez ocasións e liderando a liga nove veces en puntos e tres en goles.ChidlovskiPassion Hockey Xunto con Igor Larionov e Vladimir Krutov, formou a liña KLM, unha das liñas de máis talento e máis temidas na historia do hóckey. Recibiu a Orde da Bandeira Vermella do Traballo en 1984.

En 1989, Markarov recibiu o permiso por parte da Unión Soviética para unirse á National Hockey League cos Calgary Flames. Gañou o Calder Memorial Trophy como novato do ano con 31 anos.Debido a este feito cambiáronse as regras para que só puidesen optar ao premio os xogadores con menos de vinte e seis anos, o que se chamou a regra Makarov. A súa porcentaxe de tiro de 25.9 foi a maior de todos os xogadores da NHL. Makarov tamén xogou cos San Jose Sharks entre 1993 e 1995. Na temporada 1995-96 saíu do cadro dos Shark e non xogou, converténdose en axudante do adestrador da selección rusa durante a copa do mundo.

Na temporada 1996–97, Makarov fixo dous intentos de regreso, primeiro cos Dallas Stars, para os que xogou catro partidos entre o 15 e o 29 de novembro, ao que seguiu a participación no HC Fribourg-Gottéron na Nationalliga A suíza cos seus antigos compañeiros Vyacheslav Bykov e Andrei Khomutov.

En 2001 Makarov foi incluído no IIHF Hall of Fame durante o Ice Hockey World Championship de Alemaña. O 27 de xuño de 2016, anunciouse que sería incluído no Hockey Hall of Fame o 14 de novembro de 2016, xunto con Eric Lindros, Rogie Vachon e Pat Quinn (posthumously).

Vida persoal Despois de separarse da súa primeira esposa Vera en Calgary, coñeceu a Mary, que traballara vendendo entradas para os San Jose Sharks. Casaron e tiveron dous fillos, Nikolai e Katerina. Makarov divorciouse posteriormente e marchou vivir a Rusia. A súa ex esposa e fillos viven en California.

Makarov traballa como axente certificado de xogadores con xogadores rusos que queren xogar en Norteamérica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sergey Makarov en Hockey CCCP International

Categoría:Nados no óblast de Cheliábinsk Categoría:Nados en 1958 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos da Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Membros do Hockey Hall of Fame