William Adam, nado en 1689 en Kirkcaldy, Fife, Escocia, e finado en Edimburgo o 24 de xuño de 1748, foi un canteiro, arquitecto e empresario escocés.
Traxectoria Adam foi o arquitecto máis importante do seu tempo en Escocia, xa que deseñou e construíu numerosas casas de campo e edificios públicos e, frecuentemente, participou máis como contratista que como arquitecto.
Entre as súas obras máis coñecidas están a Casa Hopetoun, preto de Edimburgo, e a Casa Duff en Banff.
O seu estilo exuberante e individual de construción en estilo palladiano, pero con detalles barrocos inspirados por John Vanbrugh e a arquitectura continental europea.
No século XVIII Adam estaba considerado como o «arquitecto universal» (Universal Architect en inglés) de Escocia.John Clerk de Eldin foi o primeiro en usar o termo Universal Architect para describir a Adam, na súa obra inédita Life of Robert Adam. Gifford (1990) p. 1.
Porén, desde o século XX, os críticos de arquitectura adoptaron unha postura máis moderada: Colin McWilliam, por exemplo, buscou a calidade da súa obra «ao variar a un grao extremo».
Ademais de ser un arquitecto, Adam participou en varios esquemas empresariais de mellora industrial, entre elas a minaría do carbón, extracción de sal, canteiras de pedra e muíños.
En 1731 comezou a construír a súa propia propiedade en Kinross-shire, que el nomeou "Blair Adam".
Foi o pai de tres arquitectos: John, Robert e James; os dous últimos foron os creadores do «estilo Adam».
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Colvin, Howard (1978): A Biographical Dictionary of British Architects, 1600–1840, John Murray.
Dunbar, John (1978): Architecture of Scotland (2ª edición). B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1142-2. Fleming, John (1962): Robert Adam and His Circle, John Murray.
Gifford, John (1989): William Adam 1689–1748. Mainstream Publishing / RIAS.
Gifford, John (1992): The Buildings of Scotland: Highlands and Islands, Penguin. Glendinning, Miles; McKechnie, Aonghus & McInnes, Ranald (1999): Building a Nation: The Story of Scotland's Architecture. Canongate. ISBN 0-8624-1830-5. Glendinning, Miles & McKechnie, Aonghus (2004): Scottish Architecture. Thames and Hudson. ISBN 0-5002-0374-1. Hannah, Ian C. (1988): The Story of Scotland in Stone (2ª edición). Strong Oak Press. ISBN 1-8710-4805-2. McKean, Charles (2004): The Scottish Chateau, Sutton Publishing. ISBN 0-7509-3527-8. McWilliam, Colin (1978). The Buildings of Scotland: Lothian (except Edinburgh), Penguin. Rykwert, Joseph & Rykwert, Anne (1985): The Brothers Adam – The Men and the Style. Collins. ISBN 0-0021-7509-6. Walker, Frank Arneil (2000): The Buildings of Scotland: Argyll and Bute, Penguin.
Categoría:Arquitectos de Escocia Categoría:Nados en 1689 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Finados en 1748