Deva Victrix, ou simplemente Deva, foi unha cidade-fortaleza lexionaria situada na provincia romana de Britania.Rankov, Hassall & Tomlin (1980), p. 352. Nada como un simple asentamento, evolucionou até converterse na cidade de Chester, capital do moderno condado de Cheshire (Inglaterra). A súa construción está datada na década 70 do século I, cando a Legio II Adiutrix a edificou para empregala como fortaleza defensiva no seu avance contra os brigantes, tribo que habitaba o norte da illa.
Varios factores levaron a pensar que estaba destinada a albergar unha base militar desde a que se iniciaría unha futura invasión a Irlanda; entre estes factores destacan a presenza dunha estrutura elíptica única nas fortalezas imperiais, o método empregado na súa construción e o seu tamaño —un 20 % maior que o resto dos fortes da zona—. De feito, certos historiadores baséanse nos factores indicados anteriormente á hora de identificala como a capital de Gran Bretaña.Carrington (2002), p. 45.Carrington (2002), p. 46. No seu interior edificáronse barracóns, celeiros, cuarteis militares, baños e un edificio de forma elíptica do que se di que podería actuar como a sede do gobernador da provincia. A fortaleza foi reconstruída en pedra a finais do século I, cando foi ocupada pola Legio XX Valeria Victrix; outra reconstrución levouse a cabo dous séculos máis tarde. É probable que esta lexión permanecese na fortaleza até a súa caída en desuso, acaecida a finais do século IV ou a principios do V.
Ao redor da fortaleza xurdiu un asentamento civil, cuxa localización impulsou a construción dun anfiteatro no sueste da mesma.Tamén coñecido co nome de canabae. O anfiteatro romano de Chester constituíu a edificación militar máis extensa de Britania; de feito podía albergar no seu interior a 8000/10 000 persoas. Este asentamento militar permaneceu habitado trala marcha dos romanos, crecendo até converterse no que hoxe en día é a moderna cidade de Chester. Ao redor da fortaleza construíronse unha serie de asentamentos, entre os que están Boughton —cidade que proporcionaba auga á zona— e Handbridge —onde se localizaba unha canteira de arenito e o Santuario de Minerva—. Este santuario é o único edificio deste tipo construído na rocha dos existentes en Britania.
Historia
Fundación esquerda|miniatura|206x206px|Un antefix romano que mosa a insignia e o estandarte da Legio XX Valeria Victrix. Segundo os escritos do xeógrafo Claudio Ptolomeo, Deva estaba localizada nas terras dos cornovii celtas.Claudio Ptolomeo (1992), Libro II, Cap. 3. Os cornovii eran unha tribo cuxas fronteiras limitaban cos brigantes ao norte e os ordovicos ao oeste, e cuxos dominios comprendían parte do que hoxe é Cheshire, Shropshire e o norte de Gales. Consultado o 20 de maio de 2008.
Cando fracasaron as negociacións entre o Imperio e os brigantes, unha tribo celta que ocupaba gran parte do Norte de Inglaterra, os romanos decidiron que a mellor forma de pacificar estes territorios era conquistalos.Mason (2001), p. 41. As campañas que lideraron os comandantes romanos Frontino e Agrícola saldáronse coa toma do norte da illa. Esta expansión —efectiva durante o reinado do emperador Vespasiano— revelou a necesidade de edificar unha nova base militar situada nas inmediacións da nova fronteira. O territorio de Chester constituía un lugar ideal para emprazar unha fortaleza; tiña acceso ao mar a través do Dee e dividía os territorios de brigantes e ordovicos.Mason (2001), p. 42. A Legio II Adiutrix iniciou a construción dunha fortaleza de lexionarios a mediados da década do ano 70.
A fortaleza —emprazada nun risco de arenito— dominaba a ponte sobre o río e localizábase nas inmediacións dun porto natural, que hoxe corresponde ao hipódromo de Roodee; ademais, a curvatura do río brindaba protección de posibles ataques procedentes do sur ou do oeste.Mason (2001), pp. 43-44. O Dee era navegable na súa totalidade, fóra da zona na que existía unha elevación de rochas; situar á fortaleza pasado este punto dificultaría o acceso ao porto.Mason (2001), p. 42. É probable que a fortaleza necesitase uns 2 400 000 l de auga ao día; a subministración de auga dependía daquela que se obtiña nos mananciais naturais dos suburbios de Boughton, 1.6 km cara ao leste.Mason (2001), pp. 83, 85-86. miniatura|200x200px|É posible ver unha sección orixinal da muralla romana desde northgate. Uns lingotes de chumbo descubertos en Chester indican que a construción de Deva iniciouse no ano 74.Carrington (2002), p. 33. É factible que se construíran anteriormente edificios militares no lugar; de ser así foron demolidos a fin de que fose posible construír a fortaleza.Mason (2001), p. 46. Os primeiros edificios construíronse en madeira; no entanto, ditos edificios foron substituídos de forma gradual por estruturas locais permanentes construídas en arenito.Mason (2001), p. 107. O lugar estaba defendido por unha muralla de 6 metros de altura, construída con area, barro, cascallos e troncos, e por unha gabia de 3 metros de ancho e 1.5 metros de profundidade.Carrington (2002), pp. 35-36.
Esta fortaleza tiña a tradicional forma de «carta» presente nos castrum romanos —rectangular coas esquinas redondeadas— e no seu interior había catro portas, situadas ao norte, ao sur, ao leste e ao oeste.Mason (2001), pp. 50-51. Cubría unha superficie de 25 hectáreas; de feito, constituía a fortaleza máis extensa construída en Britania durante a década do ano 70.Carrington (2002), pp. 33-35. Estímase que se empregaron 24 664 toneladas de madeira na primeira fase da súa construción, pois, para a edificación dos edificios anexos a Deva, como o porto ou o anfiteatro, necesitáronse 31 128 toneladas.Mason (2001), p. 47. No seu interior construíronse barracóns, celeiros (horrea), cuarteis militares (principia) e termas.Mason (2001), pp. 58, 61, 64, 66. Todas as barracas tiñan as mesmas dimensións: 82.5 metros de lonxitude e 11.8 metros de ancho.Mason (2001), p. 59.
É probable que o nome de Deva Victrix derive da protectora do Dee; xa que en latín deusa dise diva ou dea. Consultado o 10 de marzo de 2008. Outra alternativa suxire que os romanos tomaron directamente o nome que empregaban os britanos para referirse ao río. Consultado o 10 de marzo de 2008. O termo Victrix —presente no nome da fortaleza— ten a súa orixe na Legio XX Valeria Victrix, que significa «vitorioso» en latín. Consultado o 2 de maio de 2008.; esta lexión empregaba esta fortaleza como base.Mason (2001), p. 128. Por outra banda, o nome da cidade de Chester deriva do termo latino castrum (pl: castra), que significa «fortaleza» ou «campamento militar»: -«chester» e -«castra» son sufixos comúns entre os campamentos romanos que creceron até converterse en cidades inglesas. Consultado o 10 de marzo de 2008.
Legio XX Valeria Victrix miniatura|200x200px|Restos da torre romana situada na esquina sueste do campamento. Esta torre é unha das 22 que construíu a Legio XX Valeria Victrix. No ano 88, o emperador Domiciano enviou á Legio II Adiutrix —que até entón estaba acantonada en Deva Victrix— á zona inferior do Danubio. Trala marcha desa lexión, a Legio XX Valeria Victrix trasladouse a esta fortaleza, abandonando o forte que construíra en Escocia (Inchtuthil).Mason (2001), p. 127. Á súa chegada, a Legio XX Valeria Victrix comezou a reconstruír Deva; dita reconstrución realizouse primeiro en madeira e, a finais de século, en pedra.Mason (2001), p. 128. A nova muralla da fortaleza tiña 1.36 metros de espesor na base e 1.06 metros de espesor na parte superior.Mason (2001), p. 129. Construíronse 22 torres a intervalos regulares de preto de 60 metros de separación entre si; estas torres tiñan unha dimensión de 6.5 metros cadrados.Mason (2001), p. 130. Ampliouse a gabia ata que alcanzou os 7.5 metros de ancho e os 2.45 de profundidade. Calcúlase que se empregaron 55 452 toneladas de pedra a fin de reconstruír as defensas da fortaleza.Mason (2001), p. 93. Os barracóns de madeira foron substituídos por edificios de pedra dun tamaño similar.Mason (2001), p. 132. esquerda|miniatura|407x407px|Lápida de Cecilio Avito, un optio da Legio XX Valeria Victrix. Polo menos unha parte da Legio XX Valeria Victrix participou na construción do Muro de Hadrián.Mason (2001), p. 155. A marcha destes soldados fixo que certos sectores da fortaleza caesen polo seu mal estado ou fosen abandonados. Esta lexión tomou parte na campaña que Clodio Albino realizou na Galia en 196. Trala derrota do gobernador britano en Lión, a Legio XX Valeria Victrix retirouse de novo a Britania.Batalla na que o exército de Albino caeu derrotado a mans do de Septimio Severo, quen accedeu ao trono de Imperio.Mason (2001), pp. 155-156.
A principios do século III ordenouse a reconstrución de Deva por mor da campaña expansionista á conta das tribos bárbaras durante o reinado de Septimio Severo; esta vez empregáronse 309 181 toneladas métricas de pedra.Mason (2001), pp. 161-162. Os escritores cristiáns Xildas e Beda afirman que os mártires Xullo e Aarón foron asasinados na «cidade das lexións». No entanto, os historiadores relacionan esta «cidade» con Isca Augusta (Caerleon).Monmouth (1966), p. 131. Un século despois ordenouse o regreso de parte dos soldados que conformaban a lexión e a gornición acantonadas en Deva; esta decisión respondía á política imperial á que estiveron suxeitas o resto das forzas do Imperio.Mason (2001), p. 195.
Declive e abandono O achado de moedas romanas en Chester testemuña a presenza de soldados romanos no lugar até o ano 383. Consultado o 15 de marzo de 2008. Os principais edificios da fortaleza mantivéronse en bo estado até a segunda metade do século IV, e os cuarteis de Deva continuaron estando habitados.Mason (2001), p. 210. É posible que a retirada total dos efectivos de Chester se producira despois de que Magno Máximo invadise a Galia en 383. O Notitia Dignitatum —escrito c. de 395— pon de manifesto a ausencia de unidades militares en Deva; esta afirmación indica que a fortaleza xa estaba abandonada nesta época. Se volveu empregarse esta fortaleza nalgunha ocasión foi en 410, cando os romanos se retiraron de Britania e o emperador romano de occidente —Honorio— anunciou ás cidades de Gran Bretaña que as defensas que se construíron alí constituían a súa última protección fronte aos invasores; por iso, é probable que os civís seguisen utilizando esta fortaleza e as súas defensas a fin de defenderse dos ataques procedentes do Mar de Irlanda.Mason (2001), pp. 209-210.
O abandono de Chester continuou a menor escala trala marcha das lexións imperiais. A maior parte dos edificios caeron por falta de mantemento, aínda que algunhas das edificacións máis importantes mantivéronse en pé durante algún tempo.Mason (2001), pp. 212 y 214. A pesar diso, é probable que a cidade continuase sendo o centro militar e administrativo da rexión. Chester converteuse —trala chegada dos anglosaxóns— nun asentamento coñecido como Legacaestir, termo que significa «cidade das lexións» no idioma deste pobo.Mason (2001), p. 212. Aínda que non existen probas que o evidencien, os cronistas medievais afirmaron que a igrexa de San Pedro e San Pablo —a actual catedral de Chester— era de orixe romana. Os muros da fortaleza reparáronse e engadíronse novas defensas trala conversión de Chester nun burh anglosaxón no ano 907.Mason (2001), p. 214. Moita da cachotaría romana foi reutilizada en épocas posteriores.Mason (2001), p. 10.
Historia do seu descubrimento