O Emperador Amarelo, tamén coñecido polo seu nome chinés Huangdi (),"Huang Ti". Random House Webster's Unabridged Dictionary. é unha deidade (Shen) na relixión chinesa, un dos lendarios soberanos chineses e heroe cultural, está incluído entre os mitohistóricos tres Augustos e os cinco Emperadores e as cosmolóxicas Cinco Formas da Deidade máis Alta (). Calculado por primeira vez por misioneros xesuítas sobre a base de crónicas chinesas e posteriormente aceptado polos promotores dun calendario universal do século XX que parte do emperador amarelo, as datas do reinado tradicional de Huangdi son 2697-2597 ou 2698-2598 D.C.
O culto de Huangdi fíxose prominente a finais dos reinos combatentes e principios da dinastía Han, cando apareceu como o creador do estado centralizado, como gobernante cósmico e como mecenas das artes esotéricas. Atribúenselle un gran número de textos, como o Huangdi Neijing, un clásico médico e o Huangdi Sijing, un grupo de tratados políticos.
Acreditado con numerosas invencións e innovacións, desde o calendario chinés ata un antepasado do fútbol, o Emperador amarelo é considerado como o iniciador da cultura chinesa, e diseo que é o antepasado de todos os chineses..
Nomes miniatura| Templo de Huangdi en Xinzheng, Zhengzhou, Henan
Notas
Referencias
Véxase tamén
Categoría:Emperadores da China Categoría:Século -XXVI Categoría:Século -XXVII Categoría:Deuses da saúde Categoría:Deidades de Saturno