Al-Ḥusayn ibn ʿAliyy ibn ʾAbī Ṭālib (en ), nado en Medina o 10 de xaneiro de 626 e finado en Karbala o 10 de outubro de 680, foi o neto do profeta Mahoma e fillo de Ali ibn Abi Talib e de Fatimah, filla de Mahoma. É unha figura importante no islam como membro da Casa de Mahoma (Ahl al-Bayt) e do (Ahl al-Kisā', ademais do terceiro imán xiíta.

Antes da súa morte, o dirixinte omeia Mu'awiya sinalou o seu fillo Yazid como o seu sucesor, contrario ao tratado de Hasan-Muawiya. Cando Muawiya faleceu en 680, Yazid pediu que Hussein prometese lealdade por el. Hussein rexeitouno mesmo aínda que iso significase o sacrificio da súa vida. Como consecuencia abandonou Medina para refuxiarse na Meca no ano 60 da héxira.. Alí, a xente de Kufa enviáballe cartas, pedindo a súa axuda e prometéndolle lealdade, polo que viaxou a Kufa despois de obter indicacións favorables, xunto cunha pequena caravana cos seus parentes e seguidores, mais preto de Karbala a súa caravana foi interceptada polo exército de Yazid. Foi asasinado e decapitado na batalla de Karbala do 10 de outubro de 680 (10 Muharram 61 AH) por Yazid, xunto coa maioría da súa familia e compañeiros, incluído o seu fillo de seis meses, Ali al-Asghar, mentres que as mulleres e os nenos foron tomados prisioneiros.Gordon, 2005, páx. 144–146. A rabia pola morte de Hussein converteuse nun berro unificador que axudou a debilitar a lexitimidade do califato omeia, e finalmente o derrocamento pola revolución abásida.

A conmemoración anual de Hussein e dos seus fillos, familia e compañeiros ten lugar durante Muharram, primeiro mes do calendario islámico, e o día en que foi martirizado é coñecido como Ashura (décimo día de Muharram, día de loito para os musulmáns xiítas). As accións de Hussein en Karbala avivaron movementos xiítas posteriores, e a súa morte foi decisiva na historia do islam e do xiísmo. A vida e a morte de Hussein foron cruciais porque tiveron lugar nuns dos períodos máis decisivos do século VII. Durante este tempo, a opresión omeia estaba descontrolada, e a posición que adoptaron Hussein e os seus seguidores converteuse nun símbolo de resistencia que inspirou futuros levantamentos contra os opresores e a inxustiza. Ao longo da historia, personalidades como Nelson Mandela e Mahatma Gandhi, citaron a postura de Hussein contra a opresión como un exemplo para as súas propias loitas contra a inxustiza.

Familia A avoa materna de Hussein foi Khadijah bint Khuwaylid, e os seus avós paternos foron Abu Talib e Fatimah bint Asad. Hasan e Hussein foron considerados por Mahoma como os seus propios fillos debido ao amor que sentía por eles. Dixo: "cada fillo da súa nai están asociados co seu pai agás polos fillos de Fatimah dos que eu son o pai e a súa liñaxe". Así, os descendentes de Fatimah son descendentes de Mahoma e forman parte da súa familia.Fillos de Mahoma

Hussein tivo varios fillos: Ali Zayn al-'Ābidīn ("Adorno dos Devotos") (nado en AH 36) (nai: Shahrbanu) Sakinah (nada en AH 38) (nai: Shahrbanu) Ali al-Akbar ("O Grande") (nado en AH 42) (nai: Layla) Fatimah as-Sughra (nada en AH 45) (nai: Layla) Sukaynah (nada en AH 56) (nai: Rubab) Ali al-Asghar ("O Pequeno") (nado en AH 60) (nai: Rubab)

Inspiración en movementos modernos A historia de Hussein foi unha importante fonte de inspiración para os movementos revolucionarios xiítas, xustificando a súa propia resistencia contra unha autoridade inxusta. Durante a revolución islámica de 1979 en Irán contra a dinastía Pahlavi, as crenzas e os símbolos xiítas foron fundamentais para orquestrar e sustentar a resistencia popular, e a historia de Hussein proporcionou un marco para etiquetar como o mal e así reaccionar contra o xa Pahlavi.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Sacred Surprise behind Israel Hospital, by Batsheva Sobelman, special Los Angeles Times hussain ibn 'Ali an article of Encyclopædia Britannica.

hussain ibn 'Ali by Wilferd Madelung, an article of Encyclopædia Iranica. hussain ibn 'Ali in popular Shiism by Jean Calmard, an article of Encyclopædia Iranica. Imam hussain in the eyes of non-Muslims The Third Imam Martyr Of Karbala An account of the death of hussain ibn Ali Interactive Family Tree by Happy Books Story of Karbala: Maqtal e Abi Mukhnaf

Categoría:Nados en Arabia Saudita Categoría:Nados en 626 Categoría:Finados en 680 Categoría:Personalidades do islam de Arabia Saudita Categoría:Mártires