O bus Eurostar 2000, así como a súa versión superior, Eurostar 2000+, son un tipo de bus para satélites fabricado por Matra Marconi e Astrium.
Características O bus Eurostar 2000 é a segunda xeración de buses fabricados por Matra Marconi en conxunto con Astrium. Ao igual que Eurostar 1000, está pensado para satélites na órbita xeoestacionaria, especialmente satélites de comunicacións. O bus fabrícase en Tolosa, Francia.
Especificacións Eurostar 2000 Masa en seco: entre 1200 e 1900 kg. Masa no lanzamento: entre 1600 e 2300 kg. Carga útil: 400 kg. Potencia: entre 2 e 4 kW. Estabilización nos tres eixos. Propulsión química bipropelente. Deseñado para unha vida de 12 anos.
Eurostar 2000+ Masa en seco: entre 1750 e 2850 kg. Masa no lanzamento: entre 2300 e 3400 kg. Carga útil: 550 kg. Potencia: entre 4 e 7 kW. Estabilización nos tres eixos. Propulsión química bipropelente xunto con propulsión por plasma e iónica. Deseñado para unha vida de 12 anos.
Satélites co bus Eurostar 2000 Hispasat 1A Hispasat 1B Nilesat 101 Nilesat 102 Orion 1 (Telstar 10) Télécom 2A Télécom 2B Télécom 2C Télécom 2D
Satélites co bus Eurostar 2000+ AfriStar Arabsat 4AR (Badr 6) Arabsat 4B (Badr 4) AsiaStar Astra 2B Eutelsat W1 HellasSat 2 Hotbird 2 Hotbird 3 Hotbird 4 Hotbird 5 ST 1
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eurostar 1000 Eurostar 3000
Categoría:Satélites artificiais