El Paso Chihuahuas son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en El Paso, Texas. O club, de clase Triple-A, compite na East Division da Pacific Coast League (PCL). Actualmente están afiliados aos San Diego Padres da Major League Baseball. O equipo xoga os seus xogos como local no Southwest University Park, un estadio con capacidade para 7.500 espectadores, ampliábel até os 10.000.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos das MiLB