Vladislav Aleksandrovich Tretiak, nado en Orudyevo (Moscova) o 25 de abril de 1952, é un xogador de hóckey sobre xeo soviético retirado que xogou no CSKA Moscova. Está considerado o mellor porteiro da historia deste deporte.

Traxectoria Tretiak creceu nunha familia soviética, cuns pais procedentes de Sumy, República Socialista Soviética de Ucraína."Третьяк обмолвился, что он корнями-то украинец, родители его с Сумщины" - "Tretiak has mentioned that he is of Ukrainian-roots, his parents are from Sumy" Con once anos entrou na Escola Deportiva para Nenos e Mozos do CSKA de Moscova.. vor.ru (entrevista en ruso, 1999) O seu primeiro adestrador foi Vitaly Erfilov e comezou a xogar como porteiro cando viu que ninguén máis tiña o desexo ou o valor de xogar nesa posición.

En 1969 debutou co primeiro equipo do CSKA, en que militou ata a súa retirada en 1984, e co que gañou trece veces a liga soviética. Ademais foi elixido cinco veces mellor xogador do campionato.

Coa selección da Unión Soviética foi tres veces campión olímpico (Sapporo 1972, Innsbruck 1976 e Saraxevo 1984), ademais de subcampión en Lake Placid 1980. Tamén foi dez veces campión do mundo.

Recibiu ofertas millonarias para xogar na Liga Nacional de Hóckey, mais sempre as rexeitou.

En 1978 recibiu a Orde de Lenin, unha das máis altas condecoracións da Unión Soviética. En 1989 converteuse no primeiro xogador non norteamericano incluído no Salón da Fama do Hóckey da NHL en Toronto.

En 2008 a Federación Internacional elixiuno como un dos integrantes do chamado "Equipo do Centenario", tras unha selección realizada por 56 expertos de dezaseis países e en que están os seis mellores xogadores de sempre.IIHF Centennial All-Star Team. Iihf.com. Consultado o 5 de abril de 2013.

Nos Xogos Olímpicos de Sochi 2014, acendeu a lapa olímpica canda Irina Rodnina.

Vida persoal Tretiak casou coa súa esposa Tatiana (nada en 1950) o 23 de agosto de 1972, seis semanas despois de coñecerse. O seu primeiro fillo, Dmitri, naceu o ano seguinte e a súa filla, Irina, naceu tres anos despois. Tatiana está cualificado como profesor de literatura rusa, aínda que non exerce. Tretiak é cristián ortodoxa ruso.

Palmarés Tres ouros olímpicos (Sapporo 1972, Innsbruck 1976 e Saraxevo 1984) e unha prata (Lake Placid 1980) Dez veces campión do mundo (1970, 71, 73, 74, 75, 78, 79, 81, 82 e 83), dúas veces subcampión (1972 e 76) e unha terceiro clasificado (1977) Campión da Copa Canadá en 1981 e terceiro en 1976 Trece ligas da Unión Soviética co CSKA de Moscova

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Leyendas del hockey - Vladislav Tretiak

Categoría:Nados no óblast de Moscova Categoría:Nados en 1952 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos da Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey sobre xeo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1972 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 Categoría:Membros do Hockey Hall of Fame Categoría:Orde de Lenin Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Políticos de Rusia