María Teresa Gertrudis de Jesús Carreño García, coñecida como Teresa Carreño, nada en Caracas o 22 de decembro de 1853 e finada en Nova York o 12 de xuño de 1917, foi unha compositora, pianista e cantante venezolana.

Traxectoria Filla de Manuel Antonio Carreño, quen a introduciu sendo moi nova no mundo da música. Aos cinco anos xa practicaba no piano máis de 500 exercicios que o seu pai compuxera. Continuou os estudos da man de Jules Hohené Georges Mathias, e tempo despois co compositor Louis Moreau Gottschalk en Nova York.

Aos seis anos publicou a súa primeira obra, Gottschalk Waltz, adicada ao seu mestre, que tivo un grande éxito. En 1862 a familia tivo que trasladarse aos Estados Unidos de América debido á situación política en Venezuela, e alí comezou a dar pequenos concertos privados para mostrar os seus progresos co piano. Ese ano, o 25 de novembro, deu o seu primeiro concerto público, e ao ano seguinte ofreceu outro concerto privado na Casa Branca, invitada por Abraham Lincoln. Aos nove anos debutou como solista na Orquestra Sinfónica de Boston e coa Filharmónica de Londres, e fixo xiras por Cuba, EEUU ou Francia.

En 1866 faleceu a súa nai, pero isto non foi un impedimento para que continuase a xira en España, e a súa volta aos Estados Unidos. Con dezanove anos casou co violinista Emile Sauret. Froito deste matrimonio naceu unha filla, que deu en adopción. As datas coincidiron coa morte do seu pai.

En 1876 volveu a casar e tivo tres fillos, aos que criou mentres daba concertos por Estados Unidos e o Canadá. Viaxou dúas veces máis a Venezuela, e nalgunhas composicións da artista e posible apreciar o seu amor pola patria, nas que se advirten claras alusión sao merengue característico do país.

En 1889 volveu separarse e viaxou a Alemaña, onde volveu contraer matrimonio cun pianista, con quen tivo dúas fillas. Pero o matrimonio apenas durou tres anos; volveu casar, desta vez con Arturo Tagliapietra, irmán do seu segundo esposo.

En 1917, cando preparaba unha xira por Suramérica sufriu graves problemas de saúde, e diagnosticáronlle parálise parcial do nervio óptico, que ameazaba con estenderse ao cerebro. Faleceu o 12 de xuño de 1917.

Compuxo un importante número de obras.

Obras destacadas

Valse Gottschalk, Op. 1 Caprice-Polka, Op. 2 Corbeille des fleurs, Valse, Op. 9 Marcha fúnebre, Op. 11 La oración, Op. 12, Polka de Concert, Op. 13 Fantaisie sur Norma, Op. 14 Ballade, Op. 15 Plainte, première élégie, Op. 17 Partie, deuxième élégie, Op. 18 Élégie, Op. 20, Plaintes au bord d'une tombe Élégie, Op. 21, Plaintes au bord d'une tombe Fantaisie sur L'Africaine, Op. 24 Le Printemps, Op. 25 Un Bal en Rêve, Op. 26 Une Revue à Prague, Op. 27 Un rêve en mer, Méditation, Op. 28 Six Études de Concert, Op. 29 Mazurka de salon, Op. 30 Scherzo-Caprice, Op. 31 Deux Esquisses Italiennes Op. 33 Venise, Nr. 1 Florence, Nr. 2 Intermezzo Scherzoso, Op. 34 Le Sommeil de l'enfant, Berceuse, Op. 35 Scherzino, Op. 36 Highland (Souvenir de l'Écosse), Op. 38 La fausse note, Fantaisie-Valse, Op. 39 Staccato-Capriccietto Op. 40 Marche funèbre (1866) Petite Valse (Teresita), (1898) Saludo a Caracas (1885) Vals Gayo Obras para coro e orquestra Himno a Bolívar (1883 o 1885) Himno a El Ilustre Americano (1886) Quartette à cordes pour 2 violons, viole et violoncelle, en si mineur (1895) Sérénade pour cordes (1895)

Categoría:Músicos de Venezuela Categoría:Nados en 1853 Categoría:Nados en Caracas Categoría:Finados en 1917