miniatura|350px|Distribción do haplogrupo do ADNmt humano, baseado en análises de 2054 individuos de 26 poboacións. (a) Gráficos de sector circular no mapa. (b) Recontos de haplolgrupos en formato de táboa. Para detalles poboaconais ver 1000 Genomes Project#Mostras de xenoma humano. 340x243px|miniatura|Mapa do mundo das posibles migracións humanas, co polo norte no centro. África, onde empezou a migración, está arriba á esquerda e Suramérica é o que está máis á dereita. Os padróns de migración están baseados en estudos do ADN mitocondrial (matrilinear). As letras representan haplogrupos, mentres que as cores e cifras representan miles de anos antes de hoxe. miniatura|350px|Ruta de migración suxerida da migración "Saída de África" ("Out of Africa") segundo o ADN mitocondrial. En xenética humana, un haplogrupo do ADN mitocondrial humano é un haplogrupo definido por diferenzas no ADN mitocondrial humano. Os haplogrupos utilízanse para representar os principais puntos de ramificación da árbore filoxenética mitocondrial. O ADN mitocondrial hérdase esencialmente da nai. Comprender o camiño evolutivo da liñaxe feminina axudou aos xenetistas de poboacións a trazar a herdanza matrilineal dos humanos modernos ata os súas orixes en África e o seu subseguinte espallamento por todo o mundo.

Os nomes de letras dos haplogrupos (non só dos haplogrupos de ADN mitocondrial) van do A ao Z. Os haplogrupos foron nomeados por orde de descubrimento; a ordenación alfabética non ten, pois, ningún significado en canto ás verdadeiras relacións xenéticas.

A muller hipotética situada na raíz de todos estes grupos (significando só haplogrupos de ADN mitocondrial) é o antepasado común máis recente matrilineal de todos os humanos actualmente vivos. A esa muller dáselle xeralmente o nome de Eva mitocondrial.

A velocidade ou taxa á cal muta o ADN mitocondrial coñécese como reloxo molecular mitocondrial. É unha área na que hai varias investigacións en marcha e un dos estudos informa dunha taxa dunha mutación por cada 8000 anos.

Filoxenia

miniatura|350px|Árbore do haplogrupo de ADNmt e mapa de distribución. Os números son etiquetas dos haplogrupos, segundo a nomenclatura de http://www.phylotree.org/ , e dan a localización dunha das mutacións que levan ao haplotipo derivado. (Só se mostra un marcador que define unha soa rama, preferiblemente da rexión codificante.) As principais características xeográficas da distribución de haplogrupos están salientados con cor. Esta árbore filoxenética está baseada en Van Oven (2009).

L (Eva mitocondrial) L0 L1-6 L1 L2-6 L5 L2'3'4'6 L2 L3'4'6 L6 L3'4 L4 L3 M M8: CZ (C, Z) M9: E M12'G: G M29'Q: Q D N N1: I N2: W N9: Y A S X R R0 (FMKA pre-HV) HV: (H, V) pre-JT ou R2'JT JT: (J, T) R9: F R11'B: B P U (antes UK) U8: K O

Cronoloxía miniatura|350px|Mapa do mundo estimado das migracións humanas baseadas nos haplogrupos de ADNmt. Haplogrupotempo estimado de orixe (miles de anos)posible sitio de orixemaiores frecuencias L 200 L1-6 170 Leste de África L2-6 150 Leste de África L0 150 Leste de África L1 140 África Central L3-6 130 L5 120 L2 90 L3 70 Leste de África N 70 Leste de África ou oeste de Asia M 60 Leste de África, oeste de Asia ou sur de Asia R 60 U 55 Nordeste de África ou India (Sur de Asia) RT'JT 55 Oriente Medio JT 50 Oriente Medio U8 50 Oeste de Asia R9 47 B4 44 F 43 U4'9 42 Asia central U5 35 Oeste de Asia U6 35 Norte de África J 35 X 30 K 30 U5a 27 HV 27 Oriente Próximo J1a 27 Oriente Próximo T 27 Mesopotamia K1 27 I 26 J1 24 Oriente Próximo W 20 U4 20 Asia central X2 20 H 20 Oeste de Asia U5a1 18 Europa J1b 11 V 14 X2a 13 América do Norte H1 12 H3 12 X1 10

Distribución xeográfica Un artigo de 2004 suxería que os haplogrupos máis comúns nas poboacións modernas europeas eran: H, J, K, N1, T, U4, U5, V, X e W.

Haplogrupos africanos: L0, L1, L2, L3, L4, L5, L6, T, U5a

Haplogrupos australianos: M42a, M42c, M14, M15, Q, S, O, N, P. (Refs 1, 2, 3, 4, 5, 6)

Haplogrupos asiáticos: F, C, W, M, D, N, K, U, T, A, B, C, Z, U con moitas variantes numeradas en cada sección

Notas

Véxase tamén

Outros artigos ADN mitocondrial Eva mitocondrial Haplogrupos do ADN do cromosoma Y

Ligazóns externas

Árbores filoxenéticas mitocondriais Mannis van Oven's PhyloTree.org PhyloD3 – D3.js-based phylogenetic tree based on PhyloTree Mitochondrial haplogroup skeleton Vincent Macaulay's Mitochondrial haplogroup motifs List of mtDNA haplogroup projects MitoTool: a web server for the analysis and retrieval of human mitochondrial DNA sequence variations HaploGrep: mtDNA haplogroup determination based on PhyloTree.org HaploFind – fast automatic haplogroup assignment pipeline for human mitochondrial DNA

Categoría:Haplogrupos humanos