Bienvenido Lago Alonso, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1892, foi un policía e político galego.
Traxectoria
Na II República foi elixido vogal primeiro da directiva do Partido Republicano Gallego de Vilagarcía, presidida por Emiliano Porto Rial, en setembro de 1932.El Pueblo Gallego, 4-9-1932, p. 9. Foi nomeado xefe da Policia Municipal de Vilagarcía de Arousa en abril de 1933.El Compostelano, 7-4-1933, p. 2. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 31 de xullo e ingresou no cuartel da Garda Civil. Trasladado á Escola Normal de Pontevedra, habilitada como prisión, foi nomeado ordenanza da inspección da prisión o 17 de agosto; despois internárono no campo de concentración da illa de San Simón. Escribiu un diario de xullo de 1936 a marzo de 1937 no que relata o acontecido nas prisións de Pontevedra e San Simón. Dende 1941 traballou como recadeiro entre Vilagarcía e Santiago de Compostela.El Pueblo Gallego, 3-4-1941, p. 5.El Correo Gallego, 2-5-1942, p. 2. En 1953 a Dirección Xeral de Administración Local rexeitou o seu recurso para recuperar o posto.El Pueblo Gallego, 7-3-1953, p. 6.
Vida persoal Foi pai de Bienvenido e Enrique Lago Cid.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes