O escribidor de coroa branca (Emberiza leucocephalos) é unha especie de ave paseriforme da familia Emberizidae, propia de Asia, aínda que pode ser un visitante accidental en Galicia e outras partes de Europa.

Nome En galego ténselle dado a esta ave na literatura zoolóxica o nome de escribenta de Gmelin,Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. pero o dicionario da Academia non acepta a palabra escribenta para os paxaros emberícidos, senón escribente (feminino) ou escribidora. No dicionario DiGalego só se acepta escribente (masculino).

O nome do xénero Emberiza vén da palabra do alemán antigo Embritz, que era o nome que se lle daba alí a estas aves. As manchas brancas no píleo e meixelas do macho fan que se lle dese o nome de leucocephala, 'de cabeza branca'.

Descrición

miniatura|esquerda|Femia. miniatura|esquerda|Caracterízase pola mancha branca no seu píleo. É un paxaro robusto, de 16-17,5 cm, cun peteiro groso. O macho ten as meixelas e a parte superior do píleo brancas, a fronte e a gorxa pardas. A parte superior é castaña cun denso veado escuro, mentres que as inferiores son abrancazadas con veado castaño no peito. A femia é moito máis discreta e está máis raiada pola súa parte inferior. A plumaxe dos inmaturos é similar á de Emberiza citrinella, mais con todo a cor amarela deste é substituída pola branca. Os cantos e chamadas de ambas as especies son similares. Existen híbridos documentados entre E. leucocephalos e E. citrinella, que mostran unha mestura de caracteres.Lansdown, Peter and Trevor D. Charlton (1990) 'The Sizewell Bunting': a hybrid Pine Bunting × Yellowhammer in Suffolk British Birds 83(6):240-242

Describíronse dúas subespecies:Lista de Clements descargable - E. leucocephalos leucocephalos. - E. leucocephalos fronto. miniatura|Ovos de Emberiza leucocephalos.

Ecoloxía

Esta ave cría en gran parte das zonas temperadas de Asia (Afganistán, a China, Iraq, Kazakhstán, Kirguizistán e Mongolia) e migra ao sur de Asia central, norte da India e o sur da China en inverno. É común en todo tipo de espazos abertos con arbustos ou árbores dispersas, incluíndo cultivos, mais ten unha maior preferencia polos bosques abertos, en xeral de piñeiros. É raro atopala en Europa, pero ás veces aparece en inverno no nordeste de Italia e na Toscana e noutras zonas, e mesmo está rexistrada como ave accidental en Galicia. Cando alimentan os polos cazan insectos, pero a base da súa alimentación o resto do ano son as sementes. O niño constrúeno no chan onde poñen de catro a seis ovos, que mostran as marcas características do grupo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Emberícidos Categoría:Animais descritos en 1771