Lindsay Ann Davenport Leach, nada en Laguna Beach o 8 de xuño de 1976, é unha tenista retirada estadounidense. Foi a número un do mundo en oito ocasións diferentes, por un total de 98 semanas. Davenport é unha das cinco mulleres que foron número un ao final do ano polo menos catro veces (1998, 2001, 2004 e 2005) dende 1975; as outras son Chris Evert, Steffi Graf, Martina Navratilova e Serena Williams. Tamén logrou o número un en dobres.

Destacada polos seus poderosos e consistentes groundstrokes, Davenport gañou un total de 55 títulos individuais do WTA Tour, incluíndos tres títulos de Grand Slam, a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1996 e o WTA Championships. Tamén gañou 38 títulos de dobres da WTA Tour, entre eles tres títulos de Grand Slam e tres campionatos da WTA.

Obtivo uns ingresos durante a súa carriera de 22 166 338 dólares, a oitava maior da historia entre as tenistas femininas, e a maior da súa época ata que foi superada por Serena Williams en xaneiro de 2009.

Davenport foi adestrada durante a maior parte da súa carreira por Robert Van't Hof. En 2005, TENNIS Magazine nomeouna como a 29.ª mellor xogadora (home ou muller) dos anteriores corenta anos. Davenport foi incluída no International Tennis Hall of Fame en 2014.

Finais de Grand Slam Individuais: 7 finais (3 títulos) ResultadoAnoCampionatoSuperficieRivalMarcadorGañadora1998Aberto dos Estados UnidosDura Martina Hingis 6–3, 7–5Gañadora1999WimbledonHerba Steffi Graf 6–4, 7–5Gañadora2000Aberto de AustraliaDura Martina Hingis 6–1, 7–5Finalista2000WimbledonHerba Venus Williams 3–6, 6–7(3–7)Finalista2000Aberto dos Estados UnidosDura Venus Williams 4–6, 5–7 Finalista2005Aberto de AustraliaDura Serena Williams6–2, 3–6, 0–6Finalista2005WimbledonHerba Venus Williams6–4, 6–7(4–7), 7–9

Dobres: 13 finais (3 títulos) ResultadoAnoCampionatoSuperficieParellaRivalMarcadorFinalista1994Roland GarrosTerra Lisa Raymond Gigi Fernández Natasha Zvereva6–2, 6–2Finalista1996Aberto de AustraliaDura Mary Joe Fernandez Chanda Rubin Arantxa Sánchez Vicario7–5, 2–6, 6–4Gañadora1996Roland GarrosTerra Mary Joe Fernández Gigi Fernández Natasha Zvereva6–2, 6–1Finalista1997Aberto de Australia (2)Dura Lisa Raymond Martina Hingis Natasha Zvereva6–2, 6–2Gañadora1997Aberto dos Estados UnidosDura Jana Novotná Gigi Fernández Natasha Zvereva6–3, 6–4Finalista1998Aberto de Australia (3)Dura Natasha Zvereva Martina Hingis Mirjana Lučić6–4, 2–6, 6–3Finalista1998Roland Garros (2)Terra Natasha Zvereva Martina Hingis Jana Novotná6–1, 7–6Finalista1998WimbledonHerba Natasha Zvereva Martina Hingis Jana Novotná6–3, 3–6, 8–6Finalista1998Aberto dos Estados UnidosDura Natasha Zvereva Martina Hingis Jana Novotná6–3, 6–3Finalista1999Aberto de Australia (4)Dura Natasha Zvereva Martina Hingis Anna Kournikova7–5, 6–3Gañadora1999WimbledonHerba Corina Morariu Mariaan de Swardt Elena Tatarkova6–4, 6–4Finalista2001Aberto de Australia (5)Dura Corina Morariu Serena Williams Venus Williams6–2, 2–6, 6–4Finalista2005Aberto de Australia (6)Dura Corina Morariu Svetlana Kuznetsova Alicia Molik6–3, 6–4

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial da Copa Federación

Categoría:Nados en Orange, California Categoría:Nados en 1976 Categoría:Tenistas femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Campións do Campionato de Wimbledon Categoría:Campións do Open de Australia Categoría:Campións do US Open Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Tenistas olímpicos dos Estados Unidos de América