Jesús Villaverde Rey, coñecido como Achiño, nado en Vilagarcía de Arousa o 30 de outubro de 1897 e finado no mesmo concello o 25 de decembro de 1984, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Fillo de Jesús Villaverde Buceta e Rosalía Rey Barreiro (natural da Arxentina), e irmán de Elpidio Villaverde. Foi elixido concelleiro de Vilagarcía de Arousa en 1931 e destituído polo Gobernador civil en agosto de 1934, acusado de falsidade en documento público. Absolto polo xulgado de Cambados, foi reposto no cargo o 19 de xaneiro de 1936 e elixido primeiro tenente alcalde.El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 13.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto e conducido á prisión de Pontevedra o 22 de outubro. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Luis Pando Rivero, Valentín Briones Rey, Manuel Oubiña López, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado a cadea perpetua.El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3. Estivo preso no campo de concentración da illa de San Simón e foi trasladado ao Forte de San Cristovo de Pamplona en marzo de 1937. O 1 de febreiro de 1939 foi trasladado novamente ao campo de concentración de Illa de San Simón. Finou en Vilagarcía de Arousa o 25 de decembro de 1984.

Vida persoal Casou con María del Pilar Cameron-Walker Bolado e foi pai de María del Pilar, Jesús María e María del Carmen Villaverde Cameron.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes