Thích Nhất Hạnh (|tʰǐk̟ ɲə̌t hâjŋ̟ˀ|), nado como Nguyễn Xuân Bảo en Huế o 11 de outubro de 1926, e finado na mesma cidade o 22 de xaneiro de 2022, foi un monxe budista e activista vietnamita, fundador da Plum Village Tradition.

Thích Nhất Hạnh pasou a maoir parte da súa vida residindo no Plum Village Monastery no suroeste de Francia, viaxando internacionalmente para realizar retiros espirituais e conferencias. Acuñou a expresión "budismo comprometido" no seu libro Vietnam: Lotus in a Sea of Fire. (2002) Tralo seu longo exilio, recibiu permiso para realizar a súa primeira viaxe a Vietnam en 2005. En novembro de 2018, regresou a Vietnam para pasar os seus último días no seu "templo raíz", o templo Từ Hiếu preto de Huế.

Nhất Hạnh publicou máis de cen libros, incluídos máis de setenta en inglés. Estivo comprometido co movemento pola paz, promovendo solucións non violentas aos conflitos. Tamén rexeitou o consumo de produtos animais (veganismo) como forma de actuar coa non violencia cara aos animais.

Recoñecementos Martin Luther King, Jr. nomeou a Thích Nhất Hạnh para o Premio Nobel da Paz en 1967. Porén, ese ano non se entregou o premio a ninguén. Nhất Hạnh recibiu o premio Courage of Conscience en 1991.

Foi retratado en varios filmes, incluído The Power of Forgiveness estreado no Dawn Breakers International Film Festival e no documental de 2017 Walk with Me de Max Pugh e Marc James Francis.

Nhất Hạnh, xunto con Alfred Hassler e a irmá Chân Không, foi o tema da novela gráfica The Secret of the 5 Powers en 2013.

Nhất Hạnh foi escollido para recibir o premio Pacem in Terris en 2005.

En novembro de 2017, a Universidade de Educación de Hong Kong concedeulle un doutoramento honorífico polas súas "longas contribucións á promoción do mindfulness, a paz e a felicidade en todo o mundo". Como Nhất Hạnh non podía asistir ao acto en Hong Kong, realizouse unha sinxela cerimonia o 29 de agosto de 2017 en Tailandia, onde John Lee Chi-kin, vicepresidente académico da EdUHK, presentou o grao e o título a Nhất Hạnh de parte da universidade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Parallax Press – publishing house founded by Thich Nhat Hanh Sangha Directory – List of communities (Mindfulness Practice Groups) practicing in Thich Nhat Hanh's tradition Plum Village – Thich Nhat Hanh's main monastery and practice center, located about 85 km east of Bordeaux, France Vietnamese website of Plum Village French website of Plum Village Deer Park Monastery – located in Escondido, California Magnolia Grove Monastery – practice center, located near Memphis, TN Order of Interbeing I Am Home – Community of Mindful Living; home of the "Mindfulness Bell" magazine with news, articles, and talks by Thich Nhat Hanh and other Order of Interbeing members Thích Nhất Hạnh's Five Mindfulness Trainings & the Fourteen Precepts

Categoría:Nados en Vietnam Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Monxes budistas Categoría:Activistas de Vietnam