Márcia Cristina Bernardes Barbosa, nada en Porto Alegre en 1960, é unha física brasileira especializada en mecánica estatística que dirixe dende 2008 o Instituto de Física da Universidade Federal de Río Grande do Sul (UFRGS). Barbosa foi recoñecida en 2010 coa Medalla Nicholson da Sociedade Estadounidense de Física (APS) e en 2013 recibiu o Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia.
Legado O seu traballo de investigación científica axudou a explicar moitas características da auga. Ademais, desenvolveu unha serie de modelos sobre as propiedades da auga que axudaron á comprensión das interaccións da auga con moléculas biolóxicas e procesos xeolóxicos.Asenjo, Isaac: Los camaleones no se camuflan, ¡se exhiben!. Diariovasco.com. España, 2 de abril de 2013.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
M. Aragón Novoa, S. Vargas Domínguez e C. Garzón Blanco (ilustraciones) Mujer es ciencia. 20 pioneras colombianas y latinoamericanas Editorial: Universidad Nacional de Colombia 2021.
Outros artigos Propiedades físicas e químicas da auga Bioloxía molecular Ligazóns externas Perfil no Instituto de Física da Universidade Federal de Río Grande do Sur (en inglés) Marcia Cristina Bernardes Barbosa. Ciencia en los tiempos de Bolsonaro no blog Mujeres con ciencia
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Porto Alegre Categoría:Físicos do Brasil Categoría:Profesores da Universidade Federal do Río Grande do Sul