Matilde Martínez Domínguez, nada en Nocedo (Quiroga) en 1952 e finada en Barcelona o 19 de xuño de 1987, foi unha futbolista galega, precursora do fútbol feminino en Cataluña.

Traxectoria Establecida en Barcelona, comezou a súa carreira deportiva en 1971 como centrocampista co Gramanet e despois xogou na Unió Esportiva Sant Andreu. Máis tarde, fundou o FF Cataluña, que gañou a primeira liga catalá na tempada de 1980-1981, sendo a súa capitá. Morreu en xuño de 1987 no atentado de Hipercor en Barcelona.

Palmarés 1 Liga Catalá de Fútbol Feminino: 1980-81

Notas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Quiroga Categoría:Futbolistas de Quiroga Categoría:Finados en 1987 Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes