Aos amores serodios é unha obra narrativa de Ricardo Carvalho Calero publicada en 1979 en Grial, nº 63, Vigo. Foi reeditada en 1982 en A gente da Barreira e outras histórias (1984). A gente da Barreira e outras histórias. Follas Novas: Santiago. Páxs. 151-163. ISBN 84-85385-26-8 e en 1984 na Narrativa completa (1984). Narrativa completa. Ediciós do Castro. Páxs. 223-238. ISBN 84-7492-321-2.

Trama

1. Os vellos non deben de namorarse. Os vellos non deben de namorarse ou os vellos non deben namorarse; suposición fronte a mandato, probabilidade fronte a obriga. Castelao falou dos vellos que non deben namorarse, que deben manter os amores vellos, coma o Eleuterio da “Cousa”. Mais un amor novo conduce os vellos á morte física ou moral, como acontece nos tres vellos da obra de teatro de Castelao. O home que agarda a morte tamén ama a vida, durmir cunha moza remoza ao vellos segundo din. 2. Asia Menor. Un arqueólogo localiza os indicios dun santuario. Atopa unha cabeza feminina de mármore con restos de policromía.

3. O poeta. Á noite no hotel Erik tirou unha folla, era o poema que lle inspirara a cabeza de mármore.

Erik Larsson é un pseudónimo de Carvalho Calero. O poema foi tamén publicado no seu libro Futuro condicional. 4. Consideracións críticas. Reflexións sobre o poema e sobre a obra escultórica. Sabemos que o artista xa non era novo: 5. Helia. Agora o narrador trata de Júlio Neves, personaxe creado polo autor portugués Virgílio Ferreira, que pensa na súa muller Helena e os soños e desexos concentrados en Helia. : 6. A herexía de Marienbad. Agora o narrador diríxese a Goethe. A moza Ulrike (Von Levetzow) trata como “cabaleiro ancián” o autor da “Elexía de Marienbad”. E tamén están Kätchen, Friederike, Lili, Lotte, Charlotte, Minna, Marianne... tantas. 7. Fin de viaxe Segundo Henrique Rabuñal:

Características É unha narración moi completa e heteroxénea na súa estrutura, con varios narradores e unhas coordenadas espazo-temporais relacionando a literatura galega coa portuguesa e a alemá.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Grial 63, 1979, pp. 81-88

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras literarias de 1979