O Rally da Coruña de 2019 foi a 23ª edición de dito rally e a primeira proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 1 e o 2 de marzo e o vencedor foi Iván Ares.
Presentación e inscritos O rally presentouse ante a prensa e os afeccionados pola Escudería One Seven, organizadora do evento, o 16 de febreiro de 2019 en Expocoruña. O director da proba, Álvaro Muñiz, acompañado polo piloto invitado Iago Caamaño, relatou os detalles do rally, e desvelou que o itinerario sería o mesmo do ano pasado, aínda que inicialmente se dixera que sería outro. A lista final de inscritos foi de 115 pilotos, entre os que destacaban as presenzas de Víctor Senra, Iván Ares, Alberto Meira, Iago Caamaño, Manolo Senra, Tino Iglesias, Ricardo Costa ou o campión do mundo de tríatlon, Iván Raña.
Itinerario Constaba inicialmente de oito tramos entre os concellos de Coirós, Aranga, Arteixo, Culleredo, A Laracha e Cerceda, sumando 77,72 km e estando situado o parque pechado no Parrote. Con todo, o primeiro tramo tivo que ser neutralizado pola evacuación dun espectador cun amago de infarto, igual que o sétimo tramo, este por unha saída de pista de Jorge Cagiao, na que a súa copiloto, Amelia Blanco, tivo que ser atendida polas asistencias. Tamén tiveron que atender a Lorena Maroño, copiloto de Manuel González, tras un accidente.
Resumo O defensor do título galego, Víctor Senra, que acudiu con Moncho López como copiloto, pois David Vázquez rompera dúas costelas. estreaba un novo Citroën C3 R5. Viuse superado no primeiro tramo por Iván Ares pero púxose líder no segundo, aproveitando os problemas de dirección do piloto de Cambre. Con todo, unha picada de roda no cuarto tramo, en Aranga, decantou a vitoria a favor de Iván Ares, que deste xeito gañou xunto a José Pintor por segundo ano consecutivo a proba coruñesa. Completou o podio do Parrote Iago Caamaño, que gañou o seu duelo particular con Alberto Meira, despois de que este perdera moito tempo ao realizar un trompo e non puidera remontar. Por detrás chegaron o portugués Ricardo Costa, Antonio Fernández e os veteranos Tino Iglesias e Manolo Senra.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Iván Ares José PintorHyundai i20 R5Ares Racing46:48.2472 Víctor Senra Moncho LópezCitroën C3 R5Yacar Racing47:22.5853 Iago Caamaño Alberto RodríguezFord Fiesta R5Lalín-Deza48:16.6264 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team48:28.1155 Ricardo Costa Rui VilaçaCitroën DS3 R5Dona Urraca50:04.7176 Antonio Fernández Alejandro LópezMitsubishi Lancer Evo IXMiño-Lugo51:33.5307 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta R5Desguaces Tino Racing51:38.0648 Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiSenra Sport51:49.9669 José Manuel Lista Iván CarmonaMitsubishi Lancer Evo IXJ. Lista Competición52:15.34810 Jorge Pérez Oliveira Juan GándaraRenault Clio R3 Evo MaxGalicia Motorsport52:22.26411 Daniel Castro Sergio MartínezPeugeot 208 R2Meira52:47.81812 Francisco Dorado Roi TorrentePeugeot 208 R2Miño-Lugo53:25.06513 Iván Raña Antón PérezMitsubishi Lancer Evo IXPTC Escuela53:25.06514 Domingo Molinos Avelino MartínezPeugeot 208 T16 R5Berberecho53:42.17915 Rubén Barreiro Daniel BerdomásPeugeot 208 R2La Coruña54:24.39216 Iago Gabeiras Diego VázquezPeugeot 208 R2Automóvil Club As Pontes54:28.84917 Gorka Antxustegi Alberto Iglesias PinSuzuki Swift SportSuzuki Motor Ibérica54:35.61118 David García Sanjuán Emilio José VarelaPeugeot 106As Pontes Motorsport54:37.32419 Alberto Bermúdez José CañasPeugeot 206Troncomóvil Sport54:46.23020 Rubén López Damián OutónCitroën C2 GTSarria Motor54:47.91721 José Manuel Pazos David CalvoFord Fiesta R2Cuntis V.T.55:03.51022 Pablo Aneiros Rubén LópezCitroën Saxo VTSMoeche55:16.55423 José Manuel Cabezas Luis Miguel PregoPeugeot 106RVS Motorsport55:35.08224 José Luis González Víctor GonzálezFord Fiesta R2One Seven55:57.03225 Jorge Garnelo Javier MartínezPeugeot 106One Seven56:19.17826 Francisco Pazos Daniel IglesiasCitroën Saxo VTSLeiro Desguaces56:30.98227 Daniel Anido Adrián NúñezCitroën Saxo VTSPTC Escuela56:43.22728 José Manuel Lamela Mario GonzálezSuzuki Swift SportYacar Racing56:56.44029 Diego Sánchez Jorge MartínezSeat Ibiza 1.8 TurboOne Seven57:04.37730 Miguel Ángel Sánchez Iván FerreiroPorsche 997 GT3Moeche57:04.83531 Miguel Ángel Caeiro Sergio IglesiasPeugeot 106Cuntis V.T.57:12.20432 Daniel Gandoy María SueirasPeugeot 106 GTISiroco Narón57:20.72433 Pablo Gómez Manuel BarreiroBMW 318Berberecho57:16.08034 Diego González Diego García DíazCitroën Saxo VTSMoeche57:42.07535 Rubén Puime Ezequiel SalgueiroPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team57:51.84936 Brais García Adrián FilgueiraCitroën Saxo VTSBerberecho58:09.20137 David González Rubén BreaPeugeot 106Touro Motor58:23.25538 Manuel Sandamil Adrián VarelaSuzuki Swift R+ N5A Pontenova58:57.29439 Alejandro Rega Alberto RomeroPeugeot 208 R2Arteixo Motorsport59:14.40440 Miguel Ángel Chas José Antonio CarroPeugeot 106One Seven59:19.131
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación completa do rally Rally da Coruña 2019 en ewrc.com .
Categoría:Rally da Coruña Categoría:Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally