miniatura|305x305px|Nikita Mikhalkov foi o primeiro director ruso post-soviético en gañar o premio, por Utomlyonnye solntsem.

Rusia presentou filmes para Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1992. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Nikita Mikhalkov foi escollido para representar a Rusia en cinco ocasións. Mentres que Sibirskiy tsiryulnik foi descualificado por non ser presentado nos Ánxeles a tempo, outros tres filmes foron nomeados ó Óscar.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Rusia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

A etapa soviética (1963-1991)

A Unión Soviética comezou a participar na categoría en 1963 e mantivo a súa presenza ata 1991. Durante ese período recibiu nove nomeamentos e tres premios, outorgados a Voyna i mir (1968), Dersu Uzala (1976) e Moskva slezam ne verit (1981). A maior parte das obras nomeadas foron producidas por estudios rusos, e após a disolución da Unión Soviética en 1991, Rusia continuou esta tradición, obtendo novos nomeamentos e un Óscar con Utomlyonnye solntsem (1994). Ano(Cerimonia) Título Título en cirílico Director Resultado 1992(65ª) Urga Урга 1994(67ª) Utomlyonnye solntsem Утомлённые солнцем 1995(68ª) Musulmanin Мусульманин 1996(69ª) Kavkazskij plennik Кавказский пленник 1997(70ª) Vor Вор 1998(71ª) Sibirskiy tsiryulnik Сибирский цирюльник 1999(72ª) Moloch Молох 2000(73ª) Dnevnik ego zheny Дневник его жены 2001(74ª) Romanovy: Ventsenosnaya semya Романовы - Венценосная семья 2002(75ª) Dom durakov Дом дураков Andrei Konchalovsky 2003(76ª) Vozvrashcheniye Возвращение Andrey Zvyagintsev 2004(77ª) Nochnoy Dozor Ночной дозор 2005(78ª) Italyanets Итальянец 2006(79ª) 9 rota 9 рота 2007(80ª) 12 12 2008(81ª) Rusalka Русалка 2009(82ª) Palata nomer shest Палата №6 e Karen Shakhnazarov 2010(83ª) Kray Край 2011(84ª) Utomlyonnye solntsem 2 Утомлённые солнцем 2: Цитадель 2012(85ª) Belyy tigr Белый тигр 2013(86ª) Stalingrad Сталинград 2014(87ª) Leviathan Левиафан Andrey Zvyagintsev 2015(88ª) Solnechnyy udar Солнечный удар Nikita Mikhalkov 2016(89ª) Ray Рай Andrei Konchalovsky 2017(90ª) Nelyubov Нелюбовь Andrey Zvyagintsev 2018(91ª) Sobibor Собибор Konstantin Khabensky 2019(92ª) Dylda Дылда Kantemir Balagov 2020(93ª) Dorogie tovarishchi! Дорогие товарищи! Andrei Konchalovsky 2021(94ª) Razzhimaya kulaki Разжимая кулаки Kira Kovalenko

Notas

Véxase tamén

Cinema de Rusia Cinema da URSS Literatura rusa

Categoría:Cinema de Rusia Rusia