miniatura|Aki Kaurismäki foi o director do primeiro filme finés nomeado ao premio. Finlandia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1973. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Finlandia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1973(46ª) Maa on syntinen laulu 1980(53ª) Tulipää Pirjo Honkasalo e Pekka Lehto 1981(54ª) Pedon merkki 1984(57ª) Pessi ja Illusia 1986(59ª) Tuntematon sotilas 1987(60ª) Lumikuningatar 1990(63ª) Talvisota 1994(66ª) Ripa ruostuu 1995(68ª) Kivenpyörittäjän kylä 1996(69ª) Kauas pilvet karkaavat 1997(70ª) Neitoperho 1998(71ª) Kuningasjätkä 1999(72ª) Häjyt 2000(73ª) Seitsemän laulua tundralta Anastasia Lapsui e Markku Lehmuskallio 2001(74ª) Joki 2002(75ª) Mies vailla menneisyyttä 2003(76ª) Elina - Som om jag inte fanns 2004(77ª) Lapsia ja aikuisia 2005(78ª) Äideistä parhain 2006(79ª) Laitakaupungin valot 2007(80ª) Miehen työ 2008(81ª) Tummien perhosten koti 2009(82ª) Postia pappi Jaakobille 2010(83ª) Miesten vuoro 2011(84ª) Le Havre 2012(85ª) Puhdistus 2013(86ª) Lärjungen 2014(87ª) Betoniyö 2015(88ª) Miekkailija 2016(89ª) Hymyilevä mies 2017(90ª) Tom of Finland 2018(91ª) Armomurhaaja 2019(92ª) Hölmö nuori sydän 2020(93ª) Tove 2021(94ª) Hytti nro 6 2022(95ª) Tytöt tytöt tytöt 2023(96ª) Kuolleet lehdet 2024(97ª) Mummola 2025(98ª) 100 litraa sahtia
Notas
Categoría:Cinema de Finlandia Finlandia